Conversa:Partido Galeguista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

O Partido Galeguista de 1985 creo que é o mesmo que o Partido Galeguista Nacionalista que tivo que mudar o nome por razóns legais pero que seguiu utilizando internamento o nome de Partido Galeguista, estas biografías de Xabier González parecen confirmalo [1] e [2], xa que lle dan o nome simplemente de PG ao que oficialmente era Partido Galeguista Nacionalista.--Arco de Rayne 18:19, 13 xullo 2008 (UTC)

Ola, penso que Partido Galeguista deberia enviar directamente á páxina do que se denomina "histórico", ofrecendo unha ligazón na cabeceira hacia a páxina de homónimos. Como se fai con outros moitos casos, como por exemplo co nome do país. Pois as outras versións de Partido Galeguista son infinitamente menos importantes, desde calquera punto de vista: histórico, político, ideolóxico, social, cultural, etc. Non ten sentido que aparezan ao mesmo nivel dun movemento que foi clave na nosa historia recente, nomeadamente na aprobación do noso primeiro estatuto de autonomia. Os outros partidos "galeguistas", teñen ou tiveron trazos claramente persoalistas e unha exigua proxección e apoio social.

  • Estou moi acordo, historica e politicamente o Partido Galeguista da época da república tivo unha relevancia fortísima para o noso país, algo que non tiveron o resto dos partidos con ese nome, polo que cumpriría que Partido Galeguista fose directamente ao que agora está en histórico, facendo unha páxina de Partido Galeguista (homónimos) como hai para moitos outros.--RNC 22:45, 26 novembro 2008 (UTC)
  • Symbol oppose vote.svg Discordo Por moito que un partido desaparecido hai 70 anos fose importante, creo que tería pouco sentido que o considerásemos máis importante unha entidade desaparecida do que un partido que actualmente se presenta ás eleccións e que ten diversos concelleiros por Galicia. Creo que nesta ocasión é máis neutral manter a homonimia como primeira páxina de resultados.--Xabier Cid Conversa 22:56, 26 novembro 2008 (UTC)