Conversa:Palaemon serratus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nome vulgar galego de Palaemon serratus[editar a fonte]

A 1ª edicíón deste artigo vai encabezada polo nome científico do animal, en contra do que é habitual. A razón é porque aínda non hai, que eu saiba, unha lista máis ou menos oficial de crustáceos decápodos de Galicia. Do traballo de Ríos Panisse (e tamén da experiencia de calquera) dedúcese que o nome oficial debería ser camarón, ou camarón (común), ao xeito do nome inglés common prawn, por dúas razóns: porque é a especie máis común, e porque este nome é o máis empregado pola xente. Pero na Lista de crustáceos de Galicia desta Galipedia, baseada —para os decápodos— no traballo de González [Gurriarán] E. & Méndez M. Crustáceos decápodos das costas de Galicia. Ed. Seminario de Estudos Galegos, (1986), obra que aínda non puiden consultar, dáselle a esta especie o nome de camarón de rocha, galeguizando o nome de camarón de roca que usara Rosa Ramonell Goyanes na súa guía (en realidade a RAG, aínda que semella —polas definicións que dá no seu dicionario on line— que prefire rocha, admite tamén a variante roca).
Non sei se para a comunidade da Galipedia Mª. C. Ríos Panisse é autoridade suficiente. Pero eu prefiro a solución arriba indicada, camarón, camarón común ou camarón (común), co adxectivo diferenciador entre parénteses, como adoita facerse con moitos nomes de animais e plantas nas guías de campo e outras obras de divulgación. Vós diredes.
Para as outras especies presentes nas augas galegas habería que elixir nomes compostos por camarón e adxectivos (ou substantivos) identficadores. Eu de momento, nas próximas páxinas que penso crear para cada unha delas, penso empregar o mesmo procedemento que nesta: encabezalas polo nome científico. --XoioÉche o que hai 5 de xaneiro de 2013 ás 00:12 (UTC)

Rectifico
Despois de ver hoxe (non sei como non se me ocorrera mirar antes) a definición do dicionario da RAG:
camarón s.m. Crustáceo mariño da orde dos decápodos (Palaemon serratus), de catro a dez centímetros, segundo as especies, co corpo comprimido lateralmente e cunha prolongación dentada do rostro, que vive preto da costa en zonas rochosas de pouca profundidade e con moita vexetación. O camarón é un marisco moi apreciado.

e a pesar da pequena incongruencia de que despois de citar a especie concreta, se diga que mide «de catro a dez centímetros segundo as especies» (forma de redactar, por outro lado, habitual na Acacemia), xa non hai dúbida ningunha: o camarón é a especie Palaemos serratus, e as demais especies serán... "outros camaróns".--XoioÉche o que hai 6 de xaneiro de 2013 ás 00:01 (UTC)

  • O primeiro argumento (que non exista unha lista oficial para os crustáceos) levaríanos a titular case todos los bichos e plantas co seu nome científico (algo, por outra parte, que sigo sen comprender por que non o facemos, pero ... así o decidimos, que lle imos facer). Para min, persoalmente, Ríos Panisse non é autoridade en nomenclatura científica, senón en nomes vernáculos de case toda a costa galega. Pero é que hai máis fontes que nos valen para a escolla dos nomes comúns cos que titular os artigos. Canto ó do adxectivar común á especie tipo, á especie común, a min paréceme redundante: son as outras, as non comúns, as que deberán levar apelidos. Neste caso, a solución é obvia: cómpre mover o artigo a camarón. Pedro --Lameiro (conversa) 12 de setembro de 2013 ás 21:24 (UTC)