Conversa:Palacio

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

enatioTiven que facer este artigo con tan estraño título porque, ao buscar Palacio na Galipedia remítese cara a páxina de homónimos Pazo, palabras ambas que, en galego, ás veces se usan como sinónimos, pero que non son, dede logo, sinónimos absolutos, como pode verse sen saírmos da propia Galipedia:

  1. Na antedita páxina de homónimops pazo, dise: "o pazo, unha casa grande solariega", definición coa que estou, naturalmente, de acordo. Pero... o Pazo de Raxoi, por exemplo, é unha casa grande solariega?
  2. A Galipedia inclúe estes Palacios:
* Palacio de Westminster
* Palacio da Zarzuela (aínda que no Palacio de Oriente ou Palacio Real de Madrid, curiosamente)
* Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid
* Palacio de Deportes José María Martín Carpena
* Palacio de Buckingham
* Palacio de Inverno
* Palacio de Cnosos
* Palacio de Holyrood

Penso que se debería solucionar esta anomalía. --XoioÉche o que hai 15:45, 4 de febreiro de 2012 (UTC)

  • Efectivamente, Palacio e Pazo son sinónimos parciais e só algúns palacios poden denominarse, tamén, pazos (segundo o DRAG, residencia real, actual ou antiga, ou edificios grandes que albergan unha institución, un museo ou certos servizos públicos). Os pazos (grandes, antigos, nobres, rurais) non son palacios (insisto, segundo o DRAG). Así as cousas, deberiamos ter un pazo para ese edificio nobre e rural, un pazo (homónimos) que levara a ese concepto e mais a topónimos, un palacio para o edificio nobre (real) urbano (o que hoxe temos como Palacio (edificio)) e non sei se sería necesario un palacio (homónimos). Deste xeito, os conceptos principais serían claros e sen parénteses, e teriamos ó seu lado os artigos co paréntese de homónimos. Demasiado movemento de artigos e historiais para min. Pero o que temos agora é erróneo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:37, 4 de febreiro de 2012 (UTC)
Desde que se escribiu o comentario de enriba a Academia emendou a entrada e agora pazo é sinónimo de palacio en todas as acepcións [1] agás cando se refire á casa, antiga e nobre, propia do medio rural galego que non admite a forma palacio.--Sernostri (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 07:09 (UTC)[responder]