Saltar ao contido

Conversa:PO-308

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Que significa a indicación á antiga PO-550 no cadro deste artigo: "Fin A Lanzada, Sanxenxo PO-550"? Esta estrada nace en Pontevedra -efectivamente- e morre na rotonda sur do istmo do Grove (onde lindan os dous concellos), rotonda na que tamén vén morrer a PO-550 (Cambados-A Lanzada). A Lanzada é unha praia que comparten os dous concellos, case toda é do Grove e un cacho ó sur (tamén chamado praia de Espiñeiro) que pertence a Sanxenxo. Por iso non entendo esa alusión a "A Lanzada, Sanxenxo" nin estoutra a "PO-550". Pedro --Lameiro (conversa) 27 de febreiro de 2017 ás 19:52 (UTC)[responder]

Untitled[editar a fonte]

Eu entendo que precisamente se indica que morre na Lanzada, pero aínda en Sanxenxo, sen chegar ao Grove. E indícase que a continuación comeza -ou remata- a PO-550, a prolongación en certo modo da PO-308 antes ambas formaban parte da C-550. --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de febreiro de 2017 ás 20:34 (UTC)[responder]
Morre máis no Bao que na Lanzada: a uns 440 m en liña recta da Lanzada (do Grove) e a uns 950 m da Lanzada de Sanxenxo. Sería máis exacto dicir que morre no istmo do Bao (=do Grove, =da Lanzada), pero bueno, tampouco importa moito. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de febreiro de 2017 ás 21:06 (UTC)[responder]
Nese caso, corrixe sen medo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de febreiro de 2017 ás 08:20 (UTC)[responder]

Mellora do artigo[editar a fonte]

Mellorei o artigo coa nova ficha de transportes e ampla transparencia e información. Autopistero20502020 (conversa) 28 de abril de 2024 ás 10:19 (UTC)[responder]