Conversa:Os Charlíns

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Charlín(s)[editar a fonte]

As familias en galego cítanse co apelido invariablemente en singular. Os Charlín, as irmás Fernández, o clan dos García etc. Coido que cómpre mover a páxina e deixar estar como redirección. --Atobar (conversa comigo) 6 de febreiro de 2019 ás 12:51 (UTC)[responder]

Contrabando ¿de penicilina?[editar a fonte]

No artigo afírmase que "Xa en democracia o clan mantivo negocios traendo chatarra e penicilina dende Portugal". Asumiendo que ese dato temporal ("xa en democracia") nos sitúa despois de 1975, ¿qué contrabando -ou negocios- puido facerse traendo penicilina, que xa se fabricaba sen problemas? Pedro --Lameiro (conversa) 1 de abril de 2021 ás 21:10 (UTC)[responder]