Conversa:OU-636

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ola, por que a caixa desta estrada está en verde e a da OU-536 en laranxa? Pódese amañar iso?--Xabier Cid 10:09, 4 setembro 2007 (UTC)

  • Hai unha abreviatura, IMD, que é necesario explicar contra o final do artigo. --Xabier Cid 10:23, 4 setembro 2007 (UTC)

A caixa está en verde porque é unha estrada da rede primaria, pero complementaria da básica. As de cor naranxa son as da rede primaria básica. E estes colores son os utilizados para as estradas dependentes da CPTOP.

IMD é a intensidade media diaria de vehículos que circulan pola estrada. É un parámetro calculado en base as estacións de aforos de vehículos que circulan polo vial.

En canto a algunhas palabras en galego, non dudo da súa aceptación normativa, pero algunhas como coada, antepeitos (en lugar de pretiles) son, por decir así, moi descoñecidas e que obrigan a un uso dun diccionario da nova normativa. Penso que poderían desvirtuar o contido do artigo e dificultar a sua interpretacion. --Santiago Vieites

Se esas son as formas correctas son as que hai que utilizar, polo demais os dicionarios están para iso para consultar dúbidas.Acerto 22:57, 4 setembro 2007 (UTC)

Ola, Santiago. Moi ben as túas indicacións. Grazas por aclarar o das cores, moi ben! O do dicionario tamén che me pesa a min. De todos os xeitos, eu tampouco sabía o que eran petriles nin lechada de bituminosos (falo de memoria)... Quero dicir, o problema creo que non é de idioma só, senón de linguaxe técnica. --Xabier Cid 00:38, 5 setembro 2007 (UTC)