Conversa:Novagalicia Banco

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mudanzas no artigo[editar a fonte]

Ola a todos. Nas últimas horas fixemos varias reedicións neste artigo o Usuario:Paradanta e mais eu, dentro da cordialidade. En todos eses cambios mellorouse algo a redacción, pero imaxino que seguirá habendo discrepancias de fondo. Por esta razón explico os cambios feitos antes de chegar ao perigoso límite de tres reversións:

  1. Hai que distinguir feitos de opinión. Como ben sinalaba Paradanta, na redacción inicial non estaba claro o proceso de causalidade que leva da crise á fusión e da fusión á bancarización, e non se mencionaba que o proceso de fusión non é unha consecuencia directa da crise, senón unha consecuencia da mudanza da regulación bancaria no marco da crise. Iso son os feitos. Polo tanto, seguín o consello de Paradanta e mudei a redacción.
  2. A opinión, que sostén Xavier Vence —non diversos expertos entre os que se conta Xavier Vence— de que esa fusión e posterior bancarización se debe a unha conspiración das autoridades europeas, dos bancos e demais é, por moito que poida parecer plausible, iso, unha opinión. É un artigo de opinión, non un artigo de información. E como di o adagio, o certo é verdadeiro, así o diga Agamenón ou o seu porqueiro. Hai infinitos artigos informativos de xornal onde se describen os pasos que seguiron as distintas caixas de aforro españolas, primeiro cara á súa fusión e logo cara á súa bancarización; e como esa fusión foi operada por mor das reformas normativas impulsadas polo goberno español. Aquí ponse unha mostra, pero pódense ampliar as citas, se se quere.
  3. Ademais de que é iso, unha opinión, debemos ter en conta o que se sinala nas normas da wikipedia sobre neutralidade e, en concreto, o apartado sobre outorgar semellante validez a posicións non iguais.
  4. Creo que a redacción do apartado de 'crítica' é, ademais de un tanto liosa —por iso re-redactei algunhas frases—, moi pouco neutral. Empregar a opinión dun militante dun partido político para cargar, na redacción dun artigo wikipédico, contra outros partidos, non é unha práctica neutral. Se ese fose o proceder, deberiamos empezar a poñer sobre cada artigo o que opinan sobre a cuestión os voceiros de cada partido, e iso non é claramente o propósito da wikipedia.
  5. Ao meu ver, a opinión de Xavier Vence, en vez de actuar de representante dunha lexítima corrente de opinión na materia, ao ser individual desvirtúa a neutralidade do artigo, e debería ser suprimida. Ora ben, se se inclúe un apartado de críticas ao proceso de fusión e/ou de bancarización, onde podería incluírse esta opinión, deberían achegarse efectivamente nun subapartado específico, e non dándolle valor de información a un artigo de opinión —pois, insisto, non é un traballo académico—.
  6. Vou engadir algún dato máis sobre esta cuestión da crítica. --Xabier Cid Talk 2 me, please 16:19, 20 de xuño de 2011 (UTC)
Ola! Ante todo remarcar o que dí Xabier na súa primeira liña; discrepamos pero sempre dentro da cordialidade, como debe ser na nosa comunidade.
  1. Estou de acordo en como redactaches de novo o parágrafo referente á non probada relación causa-efecto entre a crise e a bancarización. Aínda que quizais a expresión "nese contexto" pode ser lixeiramente tendenciosa, no sentido de inducir ao lector a establecer a devandita relación, é certo que o feito ocorreu nese contexto e non noutro. Polo tanto, nada que obxectar teño ao respecto.
  2. Xavier Vence non fala como militante dun partido político, senón coma catedrático de Economía. Non sería procedente incluir no artigo a opinión de Feijóo, Pachi Vázquez ou Guillerme Vázquez, porque si que falarían en nome do partido político que representan. Quen sabe a que partido político pertencen reputados "expertos" (que pouco me gusta esta palabra, pero non atopo outra...) que opinan sobre un ou outro tema? Acaso non sería procedente, por exemplo, unha opinión de Noam Chomsky sobre lingüística debido ao seu coñecidísimo compromiso político? Creo que unha opinión de alguén con contrastada formación e experiencia nun asunto sobre o que non hai un consenso sólido e probado si que é oportuna na Galipedia, sempre e cando fique claro que se trata diso, dunha opinión.
  3. Sobre a cuestión do número de defensores dunha postura ou outra remítome ao que xa expuxen na páxina de conversa de Xabier.
  4. Así as cousas, o artigo como está despois deste último amaño de Xabier ben me vale. Limiteime a corrixir unha minúscula gralla na súa redacción. Un pracer conversar contigo, Xabier, aínda que non esteamos de acordo. Saúdos!--Paradanta (Cóntame) 21:42, 20 de xuño de 2011 (UTC)

Procedencia da última amplicación[editar a fonte]

Non se especificou, máis esta achega procede, por unha banda, non da tradución do artigo homónimo da Wikipedia en castelán (es:Novagalicia Banco), senón do artigo es:NCG Banco. Por outra banda, algúns apartados proceden da copia case literal de artigos de El Mundo e La Voz de Galicia. --. HombreDHojalata.conversa 24 de decembro de 2013 ás 19:18 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Novagalicia Banco. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de agosto de 2018 ás 16:18 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Novagalicia Banco. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 14 de setembro de 2018 ás 04:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Novagalicia Banco. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de decembro de 2019 ás 21:56 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Novagalicia Banco. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de decembro de 2019 ás 02:43 (UTC)[responder]