Conversa:Nacionalismo galego

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

segundo partido nacionalista[editar a fonte]

O Partido Galeguista é o segundo partido nacionalista? Non será a FPG? Por ende o partido político independentista con maior voto é a FPG. Mirese datos na páxina do Ministerio do Interior [1]--AlberteSi, digame? 14:36, 2 setembro 2006 (UTC)

  • Tento non mezclar independentismo con nacionalismo; e por outra parte o PG actual non se ten presentado aínda a ningunhas eleccións, pero ten mási peso político este último se a memoria non me faia..De todos xeitos, vou investigalo.--Norrin_strange (Talk) 16:15, 2 setembro 2006 (UTC)
    • Xa investiguei algo, e é certo que o FPG ten máis votos (o PG non se presentou) pero o PG ten unha maior importancia en canto a apoio popular e social, maior poder político e económico e por representar unha opción política moito máis seguida polos galegos. Continuo investigando.--Norrin_strange (Talk) 16:47, 2 setembro 2006 (UTC)

Procurando un punto de vista neutral[editar a fonte]

Este é un artigo que pode resultar controvertido. Na miña opinión hai varios problemas, vou manifestar algúns dos que xa vexo:

  • Esta secuencia xorde, ó meu xuízo, dunha interpretación ideoloxizada da realidade e que provoca que mesmo uns poucos (pode que moitos) daqueles que se crían nacionalistas vexan que de súpeto polo que dia Galipedia non o son:

Dentro do nacionalismo galego podemos atopar dúas correntes ideolóxicas principais:

  • Unha, a maioritaria que avoga por unha gran autonomía, ou a transformación de España nun estado federal ou confederal.

* Outra, a da esquerda independentista, que aposta polo rompemento co estado español e co modelo de sociedade capitalista.

¿Acaso non se pode ser autonomista, non federalista e nacionalista?

  • O artigo tende á ideoloxización partidista:
  • Unha ideoloxización pouco grave e solucionable na definición (corrente social e política que propugna o recoñecemento de Galiza como nación.), pois falta unha dimensión fundamental do nacionalismo, a cultural.
  • pero grave, no seguinte texto, ó considerar que os partidos nacionalistas en contraposición ós que teñen outras sedes no goberno español son os únicos nacionalistas: O concepto de nacionalismo non se basea en que un partido teña só representación en Galicia e, que eu saiba, en xeral o psoe é nacionalista ou, cando menos, por aí vai a miña lectura da realidade. Mesmo me atrevería a asegurar que pode haber deputados do PP nacionalistas.

Na actualidade o nacionalismo galego está representado na meirande parte polo BNG, partido con representación parlamentaria tanto no Parlamento Galego a nivel autonómico coma no Congreso dos Deputados a nivel estatal, sendo o Partido Galeguista a segunda forza política. Tamén existen outros partidos de menor tamano que defenden esta ideoloxía.

A miña lectura da realidade é diferente. Se o nacionalismo é unha corrente cultural, social e/ou (e non e como di o artigo) política que propugna o recoñecemento de Galiza como nación, o concepto de partido nacionalista -outrora válido, pois outrora os partidos centrais (PSOE...) non aceptaban que Galicia fose unha nación nin o propugnaban abertamente- está desfasado e pasou a ter un pobre valor, o de oposición cos partidos centrais, pero con moita menos carga ideolóxica. Non se pode dicir que o BNG é a bandeira do nacionalismo galego. O nacionalismo galego pertence ó pobo, non ó BNG, o BNG non é o representante do nacionalismo, simplemente é nacionalista. O nacionalismo é unha realidade (concepto, esperiencia,...) moito máis ampla actualmente e historicamente do que a perspectiva do BNG achega--Lmbuga Commons - Galipedia 18:47, 2 setembro 2006 (UTC)

  • Que o Bloque apareza no inicio do artigo parece querer outorgarlle ó Bloque a primacía nacionalista cando a primacía nacionalista tena o pobo galego, non o Bloque.

Na miña opinión procede colocar todas as referencias á política actual no apartado Actualidade para encadrar correctamente as afirmacións que se poidan facer. O Bloque non pinta nada no encabezamento do artigo, e non pinta nada porque que o Bloque se defina como nacionalista non lle dá a exclusividade do nacionalismo. Unha afirmación como o nacionalismo galego está representado na meirande parte polo BNG nese lugar é tendenciosa: non necesariamente os deputados do Bloque teñen que conformar a maioría dos deputados galegos nacionalistas pois para ser nacionalista non se precisa ningún requisito. Hai que reformular a secuencia para expresar a realidade. Pode ser -non sei- que o Bloque sexa o único partido que se defina nacionalista nos seus estatutos, pois hai que dicilo así, sen facer valoracións persoais de cantidades que atentan contra o punto de vista neutral e poden ofender porque minusvaloran a outros e non teñen por que ser verdade.

Abandono o tema en espera de que se acabe o artigo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:30, 3 setembro 2006 (UTC)

Nivel moi baixo,... penoso.[editar a fonte]

Non quero ser esaxerado na miña posición. Pero penso que este artigo está mal enfocado, cae en tópicos absurdos e sen interese e non resiste unha mínima crítica en calquera das súas afirmacións. Cando un artigo está tan mal, nin as críticas teñen interese. Así que o que vou expoñer é o seguinte: Existe abondosa literatura académica, sobre a historia, o sentido e as diferentes formas en que ten existido e se ten manifestado o nacionalismo galego. Un artigo enciclopédico debe recoller (tanto na estrutura e plantexamento, como no contido) o que se considera doutrina ou análises nas que existe consenso, e se ademais quere ser bo, sinalar aquelas nas que os distintos autores de prestixio sobre o tema polemizan. Este artigo tal e como está, e se non se volve a empezar desde o principio, fai algo totalmente diferente: expresa o primeiro que ao autor se lle ven á cabeza. Recomendación: Se non se dispón de moito tempo o mellor é resumir dun manual. Hainos de R. Máiz. E moito máis doado: a parte sobre nacionalismo galego de "A Historia de Galicia" de R. Villares (2004) pode servir perfectamente; un manual elemental de historia que ademais é moi actual.

Insisto, o demais e verquer aquí opinións persoais, que non resisten unha crítica minimamente documentada. --Nanotrasno 08:30, 5 outubro 2006 (UTC)

  • Se tanto sabes ti , faino e xa esta, pero non veñas aqui criticando, dicindo que é un artigo penoso, ando realmente eres novo nisto. Un saúdo.--Norrin_strange (Talk) 10:33, 5 outubro 2006 (UTC)


"...e só despois de estrelar decenas de lexións contra as súas fortalezas logrou a súa sumisión..."

Decenas de lexions!! Ducias!! ¿Que digo ducias? Centenas!! ¿Que digo centenas? Todo o exercito romano en pleno para dominar os celtas rebeldes!! Anda, mira ti do que se entera un!!, Resulta que as Guerras das Galias foron en Galicia en non na actual Francia!! A triste verdade é que en primeiro lugar Xunio Bruto e uns cantos anos despois Augusto a fronte dunhas cantas cohortes conquistou completamente o territorio galego sen apenas oposición seria..... pero claro, non queda tan.... ¿como dicilo? heroico. (O millor e que xa daquela tan so un 13% da poboación era nacionalista :-D)


Seguindo o que di o anterior wikipedista de xeito sarcástico eliminei o das lexións (penso que nunca chegou a haber decenas de lexións, como moito duas dúcias) e o dos árabes, que tampouco fai sentido, tras a primeira invasión, fundamentalmente bereber, moitos destes invasores que pouco antes eran cristiáns, ficaron aqui e recuperaron as suas práticas relixiosas (ainda hai mostras nos topónimos Mamede, de Mohamed), e o despovoamento da franxa douro-miño arredor do 750 EC foi unha medida tomada por ambas partes.. en resumo, a cousa é ben mais compexa.

Emilio juanatey 11:38, 10 abril 2007 (UTC)

Revoltas Irmandiñas[editar a fonte]

A insostenible situación do campesiñado desembocou nas Revoltas Irmandiñas, revolución de corte popular sofocada violentamente e sen contemplacións polos Reis Católicos e que colgou o xugo castelán ós galegos.

Isto é falso: as revoltas irmandiñas foron sofocadas por Pedro Madruga e o arcebispo Fonseca entroutros nobles; os reis casteláns estaban a favor das irmandades para mante-la orde no convulso territorio galego.

  • Dacordo. De feito, na primeira guerra irmandiña ainda non habia reis católicos.

Emilio juanatey 16:50, 17 maio 2007 (UTC)

    • Concordo. Hai que limpar moitas afirmacións míticas deste tipo. --Xosé (✉) 16:53, 17 maio 2007 (UTC)


Carencias[editar a fonte]

Considero que cómpre cubrir determinadas carencias neste artigo. Creo que non se pode entender o nacionalismo galego actual sen explicar ass posición rupturistas da Asemblea Nacional Popular Galega e o Bloque Nacional Popular Galego, precedentes do BNG, sen as posturas independentistas de Galicia Ceibe e figuras como Méndez Ferrín, e a opción pragmática polo autonomismo de Camilo Nogueira e Esquerda Galega, con un enorme protagonismo nas primeiras lexislaturas autonómicas.

Tambouco se entende a carencia de forzas análogas a Converxencia e Unió e o PNV sen unha referencia mínima ás orixes de UCD, con forzas tipo Partido Galego Independente, e sen a referencia á coalición Unidade Galega na transción (POG, PG, PSG), á morte de éxito de Coalición Galega, así como as derivas de persoeiros como Barreiro Rivas, Victorino Núñez e Centristas de Galicia,que gobernou con propio Fraga, os ensaios fracasados e de conxuntura tipo Converxencia Democrática Galega.

A Liga Armada Galega, e o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive, deben tamén ser recollidos como exemplo de que as opcións violentas sempre foron rexeitadas pola inmensa maioría da masa social nacionalista.

Por certo, o que defendeu o PSdG foi "nación común dos galegos", e o BNG tamén buscou lealmente o consenso co PP, que propuxo "rexión histórica do mundo occidental" (sic).

Entre todos, malo será que non acertemos con este artigo, ánimo.

Saúdos e apertas, 17 de maio


Pois non tes mais que poñerte ao choio, atopar as carencias é ben doado, leva mais traballo enchelas. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 19:01, 17 maio 2007 (UTC)

eliminei unha edición [2] que incluia ao Movimento de Resistencia Ariana, por ser un grupúsculo completamente descoñecido, sen presenza nos medios nen na vida política de Galiza, se alguén pensa que existen motivos para incluilo que os expoña. emilio juanatey(talk) 16:20, 15 novembro 2008 (UTC)

Dereito de autodeterminación[editar a fonte]

Recuperei a edición onde se di que un dos obxectivos do nacionalismo é que se cumpra o dereito de autodeterminación. As forzas políticas nacionalistas actuais (BNG, FPG, Nós-UP) e incluso Esquerda Unida. Historicamente isto foi así (véxase Partido Galeguista). --Alberte Si, dígame? 22:21, 19 de xullo de 2010 (UTC)

A organización deste artigo para min semella un pouco caótica. Penso que se poderían fusionar as seccións de "Historia" e "Evolución" (non vexo qué diferenza pode haber entre elas, na historia eu xa vexo implícita a evolución). Por outra banda, hai catro seccións independentes que penso que deberan ir dentro de "Historia", trátase de "Ascenso do BNG" (non me vou pronunciar sobre o título), "Cambio de século e experiencia de goberno", "Actualidade" e "Reforma do Estatuto e dereito a decidir". Vexo unha ausencia notable, xa que o artigo carece dunha sección que relacione o movemento político coas artes. Un saúdo!! Piquito (conversa) 4 de decembro de 2013 ás 19:15 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Nacionalismo galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 16:52 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Nacionalismo galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de agosto de 2018 ás 15:13 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Nacionalismo galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 04:59 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (maio 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Nacionalismo galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de maio de 2019 ás 18:29 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Nacionalismo galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de xuño de 2019 ás 13:50 (UTC)[responder]