Conversa:Miguelito

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Título en singular ou plural[editar a fonte]

Por que o título ten que ir en singular? Eu sempre o vin en plural, de feito no resto de wikis o teñen así. --AMPERIO (conversa) 22 de xaneiro de 2015 ás 19:09 (UTC)[responder]

  1. A norma é que os títulos van en singular. Para facer o contrario hai que achegar referencias.
  2. No "resto das wikis" non está en plural, e inda que estivera, iso é irrelevante para o caso. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2015 ás 08:09 (UTC)[responder]
Pois sinto discrepar contigo neste caso, [Miguelitos (Q935937)]
   ca Miguelitos
   en Miguelitos
   eo Migeletoj
   es Miguelitos
   fr Miguelitos
   gl Miguelitos
   hu Migeletok
   it Miguelitos
   nl Miguelito de La Roda -> (a única que o ten en singular, desculpas por xeneralizar) 
   pl Migelitki
   ro Miguelitos
   ru Мигелитос -> (que ven sendo Migelitos literalmente)
   sv Miguelitos de La Roda
   zh 米糕莱托 -> (a tanto non chego)

Deixando de lado isto, xa que a wikipedia non é fonte primaria, se buscas na rede Miguelito de la Roda todos os resultados que che saen son en plural. Por certo, en lugar de poñer o marcador de atención tamén poderías molestarte en buscar ti as referencias, que non leva tanto tempo poñer no google Miguelito/s. --AMPERIO (conversa) 23 de xaneiro de 2015 ás 10:48 (UTC)[responder]

Insisto, a interwiki é irrelevante.
Se buscas "magdalenas" en internet atoparás millóns de resultados, mesmo moitas patentes "Magdalenas de...". O que se pide, para manter o plural, son referencias de que "miguelito" non existe e/ou non é posible (Google "Miguelito" "Roda" Aproximadamente 64.500 resultados (0,25 segundos) ).
Sobre o último non vou facer comentarios. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2015 ás 17:30 (UTC)[responder]
  • Penso que debe quedar en singular; non vexo motivos para non serguir a norma xeral. Comprendo o que comenta AMPERIO, en tanto que é máis habitual comer larpeiradas, magdalenas, miguelitos etc., pero na entrada dunha enciclopedia debería quedar en singular no título, a menos que haxa unha razón concreta pola que o singular non valese (como que sexa unha marca rexistrada só en plural, por exemplo). --Atobar (conversa comigo) 23 de xaneiro de 2015 ás 18:53 (UTC)[responder]
Para ti la perra gorda. :) Saúdos! --AMPERIO (conversa) 24 de xaneiro de 2015 ás 00:37 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Miguelito. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 00:43 (UTC)[responder]