Conversa:Metuxalén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nome e distintas explicacións[editar a fonte]

Na Biblia traducida ao galego da editorial SEPT no capítulo 5 da Xénese, o nome que se dá a ese personaxe mítico da Biblia é Metuxalén. Son nomes que veñen do hebreo e o seu equivalente moderno non coincide en todos os idiomas, e nesa obra a forma galega utilizada foi esa. En caso de que se fagan citas literais da Biblia, como as da primeira frase ou as da sección de "Morte antes do Diluvio", creo que deberían ser desa obra galega, xa que creo que é a única tradución completa da Biblia en galego que hai (eu teño a de 1992). Ademais, a explicación da longa vida destes personaxes paréceme incompleta. Poderíase engadir á páxina que as lendas dun tempo antigo con seres humanos que vivían centos e centos de anos existían xa en Mesopotamia (igual que as historias do Diluvio), en escritura cuneiforme e referidas aos seus deuses, reis e heroes míticos. Cando os xudeus estiveron en cativerio en Babilonia absorberon todas esas lendas e mitos e máis tarde foron liberados e redactaron a súa Biblia (a Xénese crese que se redactou entre o 600 e o 500 a. de C.). Nesta páxina só se di que é "un erro de tradución" sobre os ciclos lunares e solares, o cal me parece só unha das explicacións e non moi consistente, porque aplicada, por exemplo, a Henoc significaría que Henoc enxendrou cando tiña só 5 anos a Metuxalén (ver Henry Morris. "The Genesis Record: A Scientific and Devotional Commentary on the Book of Beginnings", páxina 159, ISBN 0-8010-6004-4). Poden buscarse referencias sobre o prisma de Weld [1] (2170 a. de C.) en escritura cuneiforme no que se mencionan os lonxevos antigos reis de Sumeria, que viviron miles de anos. Foi atopado en 1922 nunha expedición ás ruínas de Larsa ao norte de Ur e actualmente está no Museo Ashmolean de Oxford. Para as historias do diluvio poden buscarse referencias sobre o máis coñecido Poema de Gilgamesh, unha epopea en cuneiforme na que se fala do Diluvio e a arca mesopotámicas (versión anterior á hebrea). Creo que se conserva en Berlín, e del hai varias versións fragmentarias en cuneiforme.--Miguelferig (conversa) 1 de maio de 2015 ás 17:01 (UTC)

Segundo WP:NPP e o que comentas, cómpre mover a páxina. Saúdos! --Norrin (Fálame) 1 de maio de 2015 ás 21:25 (UTC)
Miguelferig, tes os datos bibliográficos desa edición da Biblia? Así podemos engadilos coma unha referencia no nome, usando {{cita libro}}. Faría falta como mínimo o título, editorial e ano de edición/publicación. Calquera outro dato a maiores (coma a páxina na que sae ou semellante) é benvido tamén :) Banjo tell me 1 de maio de 2015 ás 21:54 (UTC)

Pois moi ben, Banjo, a referencia é: A Biblia. SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos), VIGO, 2ª edición, 25 de decembro de 1992, revisada por Xosé Fernández Lago. Páxina 13. ISBN 84-7337-040-6.. Utiliza os nomes Metuxalén e Henoc (con H) e Lámec (con acento) traducidos directamente do hebreo. No capítulo 5 da Xénese nos versículos do 21 ao 27 di así:

"21Henoc tiña setenta e cinco anos cando lle naceu Metuxalén. 22Andou o camiño con Deus. Despois de lle nacer Metuxalén viviu aínda trescentos anos, e tivo outros fillos e fillas. 23Por xunto viviu trescentos sesenta e cinco anos. 24Andou o camiño con Deus e logo desapareceu, porque Deus o levou.

25Metuxalén tiña cento oitenta e sete anos cando lle naceu Lámec. 26Despois viviu setecentos oitenta e tres anos, e tivo outros fillos e fillas. 27Por xunto viviu novecentos sesenta e nove anos, e logo morreu."

Esta edición da Biblia fíxose a partir das linguas orixinais hebrea, aramea e grega, tivo unha subvención da Xunta e foi aprobada pola Conferencia Episcopal, segundo certificación do Secretario Xeral da mesma do 10 de marzo de 1989 (para a primeira edición). A primeira edición recibiu o Premio Nacional de Tradución de 1990 outorgado polo Ministerio de Cultura.--Miguelferig (conversa) 1 de maio de 2015 ás 22:44 (UTC)

Perfecto! Queda engadido, grazas Miguelferig! Banjo tell me 1 de maio de 2015 ás 22:54 (UTC)

Descoñezo o motivo, pero agora non se ven as notas, a sección véxase tamén nin as categorías.--Breogan2008 (conversa) 2 de maio de 2015 ás 08:13 (UTC)

Tes razón, xa non saen, pero aparentemente está todo ben. Ten Listaref entre chaves e os títulos de Notas entre ==, pero a pesar de todo non sae. Investigando no historial, parece que desapareceron coa última edición feita por Banjo, porque na anterior de Norrin si que estaban. Non sei o motivo.--Miguelferig (conversa) 2 de maio de 2015 ás 10:20 (UTC)
Xa está arranxado!! O que lle faltaba era poñer unha barra inclinada despois da segunda referencia repetida da Biblia. Era iso, Breogan2008. Hai que poñer ref name="Biblia"/. Faltaba a barra do final.--Miguelferig (conversa) 2 de maio de 2015 ás 10:25 (UTC)
Graciñas meu.--Breogan2008 (conversa) 2 de maio de 2015 ás 10:29 (UTC)