Conversa:Metal (homónimos)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Non sería máis lóxico reservar metal para o artigo que fale dos metais, sen necesidade de apelidos, tendo en conta que esa é a acepción directa e máis buscada, e que esta páxina de homónimos se chamase metal (homónimos)? Pedro --Lameiro (conversa) 17:14, 5 de setembro de 2011 (UTC)

Ten sentido o que dis, Pedro, mais tamén o ten tal cal está agora. Creo que foi o usuario Estevoaei quen no seu momento comentou da idoneidade de evitar as parénteses nas páxinas de homónimos (salvo casos tremendamente evidentes e de noso. Ex.: Lugo, que evidentemente ten que ir directo á cidade galega e non aos homónimos). Eu estou bastante con iso, porque permite seguir un parámetro fixo de edición ao tempo que deixa bastante limpo o nome. Ademais, non pasa nada por chegar aos homónimos de primeiras e de aí que a primeira posibilidade sexa sempre a máis empregada e lóxica. Con todo, se esta páxina de homónimos estivese ao revés, tampouco a movería para deixala como homónimos sen paréntese. En fin, que hai argumentos en contra e a favor. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:44, 5 de setembro de 2011 (UTC)
Concordo con Pedro--. HombreDHojalata.conversa 19:02, 5 de setembro de 2011 (UTC)
Eu tamén estou de acordo con Lameiro e HombreDHojalata en que metal debería ser a páxina principal e facer unha páxina de metal (homónimos). Así como está agora imos ter que estar poñendo as parénteses -metal (material)- practicamente todas as veces que saia metal na galipedia, porque supoño que non me diredes que o metal da heráldica vai aparecer moitas veces. E o de música non é metal, senón metal pesado (heavy metal).--Miguelferig (conversa) 14 de xullo de 2013 ás 23:48 (UTC)[responder]
A ver, aquí non hai homónimos: o artigo "Heavy metal" non dá problemas cos homónimos, e un artigo "Metal (heráldica)" véxoo pouco probable xa que nin sequera ten artigo en en.wp e a propia páxina de homónimos de alí dirixe esa entrada ao correspondente "Esmalte (heráldica)" de alí. Despois, só hai usos da palabra "metal" en cancións e álbums e algún outro caso, que en ningún momento entran en conflito con "Metal (material)". Así que estou con Miguel e Pedro. --Toliño Fala aquí comigo 15 de xullo de 2013 ás 13:26 (UTC)[responder]
Feito! Feitos os traslados. --Toliño Fala aquí comigo 19 de xullo de 2013 ás 10:59 (UTC)[responder]