Conversa:Mercedes Peón

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O texto é unha copia da web da artista [1], e aínda por riba "traducida" desde o galego normativo orixinal ó reintegracionista. Mesmo o apelido. ¡Fraco favor lle fixeron! Pedro --Lameiro 22:57, 3 agosto 2007 (UTC)

No apartado de país identíficase a Mercedes Peón como procedente de Galiza (Galicia) o cal é certo aínda que éste non é un país senón unha comunidade autónoma de España. Existen en Galicia ideoloxías que defenden a independencia da nación española, pola contra legalmente esta situación está lonxe de ser unha realidade. Afortunadamente estas ideoloxías son defendidas por un grupo minoritario de persoas. Leo

Ben, país non é unha fórmula xurídica, creo, polo que a súa interpretación haina que realizar de acordo cos dicionarios. Aínda así, a prol do uso de país para Galiza podes, sen ir máis lonxe, ve-lo artigo 25 do estatuto de Galiza. Alberte Si, dígame? 23:11, 21 xullo 2009 (UTC)

Por un lado, estou de acordo con que se pode empregar o termo “país” para referise a unha rexión, pero dado que tamén é un sinónimo do concepto de “estado nacional”, o feito de omitir a información de que Galicia pertence a España leva á interpretación de que Galicia é un estado independente. En segundo lugar, en tanto que “país” se refire a un estado nacional, sí é un concepto xurídico. A omisión de datos é tan ou máis grave como proporcionar información falsa. Leo

  • Amais do dito polo usuario Alberte, unha das caracaterísticas que define a Galipedia fronte a outras wikipedias próximas é a capacidade para buscar fórmulas de irmandamento, o que se di ter pluralidade, sen exclusións, de tal modo que País contenta a unha parte nada desdeñábel da sociedade galega, que por riba, se cadra, é quen de se facer eco de forma maioritaria á hora de editar neste proxecto. Quero dicir con isto que o termo país, aquí, xa trascendeu hai tempo as polémicas e a día de hoxe é liberdade do editor empregar España ou Galiza como tal. E, por suposto, haino que respectar. --Atobar (conversa comigo) 10:09, 22 xullo 2009 (UTC)

Dende o meu punto de vista contentar "a unha parte nada desdeñábel da sociedade galega" non é ningunha fórmula de irmandamento, e moito menos unha actividade propia dunha enciclopedia; trátase máis ben do emprego nada obxectivo do dereito a editar un artigo na Galipedia. Ben se pode empregar o termo "país" para referirse a Galicia sen por outro lado omitir outros datos relevantes. De calquera xeito quen teña un mínimo sentido crítico contrastará a información que este tipo de enciclopedias proporciona dado o carácter propagandístico de moitos dos artigos que se publican nelas. Leo

  • Galiza, sen discusión, é un país. E non todas as rexións son países. Galiza pode ser comprendida a como país, rexión, comunidade ou antigo reino, todas estas cousas a día de hoxe é, e aquí, por decisión da comunidade se opta por dar liberdade e se respecta o que é lícito. Se as dúbidas persisten, Leo, anímote a que te expliques polo miúdo na Taberna. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:02, 10 agosto 2009 (UTC)