Conversa:Matthias Jakob Scheleiden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Artigo duplicado, por confusión do apelido Scheleiden por Schleiden. O artigo está en Matthias Jakob Schleiden. --XoioÉche o que hai 14:24, 12 de setembro de 2011 (UTC)

  • Feito! Feito!. Cando sexa así, só tes que engadirlle ao artigo o marcador Lixo con dous corchetes a ambos os dous lados, seguindo á palabra lixo cunha barra vertical e a explicación do feito polo que cómpre o seu borrado. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 14:57, 12 de setembro de 2011 (UTC)
Discordo. Este tipo de erros soluciónanse coa opción mover, que conserva o historial do artigo. Non con copiar-pegar-borrar--. HombreDHojalata.conversa 18:02, 13 de setembro de 2011 (UTC)
Non sei se entendo ben o que dis. Se o artigo está mal titulado o seu é borralo, xa que a Galipedia non admite, como é lóxico redireccións sobre nomes incorrectos. Non sería lóxico manter como redirección un artigo titulado Mosart, por exemplo, no canto de Mozart. E para que se quere o historial dun artigo borrado a causa dun erro evidente? --Paradanta (Cóntame) 14:29, 14 de setembro de 2011 (UTC)
Non, o seu non é borralo, é movelo. O artigo móvese a un nome novo, sen deixar redirección atrás. Automáticamente movese enteiriño, con todo o historial que teña. Imaxínate un artigo que despois dun tempo e 50 edicións decídese que hai que cambialo de nome, como xa ten pasado. O artigo móvese (o historial tamén vai ó novo nome) e pode facerse, segundo sexa o caso, deixando redirección atrás ou sen deixala. Neste non hai que deixala. A opción "mover" aparece despregando cara abaixo unha frechiña que hai entre a estrela de "engadir...a...vixilancia..." e a cela de "procura"--. HombreDHojalata.conversa 16:29, 14 de setembro de 2011 (UTC)
Vale, xa me aclarei. Sei onde está a opción de mover, de feito xa teño movido uns cantos artigos, pero embarulleime un pouco e mesturei conceptos... Graciñas!--Paradanta (Cóntame) 17:11, 14 de setembro de 2011 (UTC)