Conversa:Lingua chechena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Desfixen o cambio que fixo Xabier Cid polas seguintes razons para as que eu traducira como "checheno":

Posto que nas fontes externas ás que se acode habitualmente para os xentilicios non figura nin "checheno" nin "chechén", os criterios foron:

  1. Nas wikipedias española e portuguesa, as linguas máis próximas ao galego, existe o artigo e figura como "checheno" (en caselán é checheno
  1. atopei referencias de paxinas web en galego que considerei con peso e que utilizan "checheno", como * [1], [2],[3],
  1. Na Galipedia, a maioría das referencias son a "checheno" (6) e non a "chechén" (2) (ainda que non sexa fonte primaria, inclúoo porque foi utilizado o argumento contrario)
  2. Por coherencia coa solucion "Eslovenia" -> esloveno
  3. non atopei ningún xentilicio que remate en "én", mentres que si os atopei en "eno" (esloveno, chileno, ..)

Pregaría que antes de volver a cambialo unilateralmente, se discuta nesta páxina de conversa. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 20:02, 7 xaneiro 2008 (UTC)


Prezado Maañón; os criterios 1A, 1C, 2 e 3 non son válidos en absoluto para este debate (ou non son relevantes, ou mesturas allos con bugallos). Con respecto ao 1B, que podería ter unha certa validez, escolleches fontes que non teñen ningún tipo de peso a nivel lingüístico. Podes mirar, por exemplo, o que di Vieiros (chechéns). O meu argumento é que o termo usado como referencia na CRTVG é chechén. Obviamente, non é sinxelo dar proba diso posto que son fontes audiovisuais. Pero agardo que poidas deixarme a marxe da boa fe e admitas que é así. Vou polo tanto desfacer a túa reversión, e obviamente sempre disposto a emendar e corrixir cara ao outro sentido en canto atopemos unha fonte máis fiábel ou un ditame institucional. Con respecto ás demais acusacións, que entendo como provocacións gratuítas, vounas deixar pasar como se non as lese. Un saudiño. Grazas. --Xabier Cid 20:40, 7 xaneiro 2008 (UTC)
Prezado Xaviercid: Non comprendo porqué a túa fonte que dás é válida e a miña non. Non comprendo porque exactamente os argumentos que utilizas ti na miña paxina de conversa pra xustificarme o cambio que ti fixeche resulta que agora aqui non che valen (porque van na túa contra). Non entendo en base a que o vas reverter. Non comprendo a que te referes con acusacións e provocacións, pero deberíasmo explicar na miña páxina, pois estasme ti a acusar.---- Maañón00 (o que ho?) 21:51, 7 xaneiro 2008 (UTC)
  • Que en castelán e portugués sexa checheno non presupón que en galego teña que ser tamén checheno, non todas as referencias son iguais, non é o mesmo atopalo nun blog ou nunha páxina que pode facer calquera que por exemplo empregado nun medio de comunicación público no que se presupón que hai asesores lingüísticos, a referencia da Galipedia tampouco é válida xa que a maioría dos que colaboramos aquí estou seguro que non sabemos se é máis correcta chechén ca checheno ou checheno ca chechén, a correspondencia con esloveno ou que a maioría teñan a solución en -eno sería investigación propia que non se permite nas wikipedias.--Alex 23:05, 7 xaneiro 2008 (UTC)
  • Entendo que as fontes poden ser máis ou menos fiables como referencias, pero o caso é que un organismo creado pola administración pública como o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) pode ter un plus de fiabilidade fronte a TVG que fala e estuda máis cousas que o panorama internacional e dun xeito menos repousado. Lansbricae (Ti dirás) 23:21, 7 xaneiro 2008 (UTC)
Con todo o meu cariño e respecto polo IGADI, nin é creado pola administración pública (si o é a TVG), nin ten un equipo de lingüistas (como si o ten a TVG). --Xabier Cid 23:28, 7 xaneiro 2008 (UTC)
  • Certo o IGADI tan só ten un convenio de colaboración co goberno galego, fóra diso os criterios lingüísticos son os dos seus colaboradores a título individual (isto é non hai tal criterio como entidade).--Alex 23:31, 7 xaneiro 2008 (UTC)
  • Ten un equipo de asesoramento lingüístico, non sei se como o da TVG. Os criterios lingüísticos da TVG teñen logo un valor engadido? Teñen criterio como entidade e debe usarse como fonte para decidir un xentilicio? Nese caso calo e pido desculpas, ainda que persoalmente siga a consideralo igual de collido con pinzas que o outro criterio, a diferenza é que o outro criterio é máis habitual no uso, non sei se por influenza do castelán ou do portugués pero eu teñoo escoitado bastantes máis veces. Lansbricae (Ti dirás) 23:43, 7 xaneiro 2008 (UTC)
  • Pois si, na súa páxina web aparece un equipo de asesoramento lingüístico, o curioso é que eu coñezo xente que colaborou con eles e nunca viron tal servizo, que cousas, pero se alí o pon será certo, non o vou poñer en dúbida.--Alex 23:53, 7 xaneiro 2008 (UTC)
  • Como xa mencionei, tamén tiven en conta para a opcion "checheno" a súa existencia no Galizionario, co cal pareceume axeitado recabar a opinion de Auricum, que inluíra tal termo no Galizionario. Copio a continuación a sua resposta. Saúdos.---- Maañón00 (o que ho?) 10:59, 8 xaneiro 2008 (UTC)
Cando creei a entrada do Galizionario, checheno, consultei o dicionario xerais da lingua, o laranxa, alí existe a entrada checheno, o cal non indica que non se poida discutir :). Un saúdo. --Aricum 10:36, 8 xaneiro 2008 (UTC)

Checheno vs chechén[editar a fonte]

A fonte dese dicionario é, dende logo, a mellor das fontes ata este momento. Non é unha ferramenta demasiado fiable neste tipo de cuestións, pero debemos agarrarnos ao que temos, abofé. Pregaríalle a Auricum que engadise aquí a fonte exacta (edición e ano do dicionario, sobre todo). --Xabier Cid 14:28, 8 xaneiro 2008 (UTC). Casualmente, na casa en que estou agora mesmo había ese dicionario. Xa fixen eu a referencia. --Xabier Cid 14:34, 8 xaneiro 2008 (UTC)