Conversa:Le Sacre du printemps

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dúbidas na sección Concepción[editar a fonte]

Piquito, vexo unha cousa rara na sección de Concepción, pon: "Wise oe "O Bico da Terra"", e teño dúas dúbidas: que é ese "Wise oe"?, non está na versión en inglés, e por que nesa sección chámase "O Bico da Terra" á primeira parte cando na sección anterior se indicou que se chama "Adoración da Terra"? (este mesmo problema está na versión en inglés). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 07:48 (UTC)[responder]

Elisardojm, o "Wise oe" ese non sei de ónde saíu, seguramente se me foi a perola e escribín cousas sen sentido. O do "bico" e a "adoración" non é problema ningún, o que di o artigo é que a sección se ía chamar "O bico da Terra", mais logo mudou o título por "Adoración da Terra". Piquito (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 13:02 (UTC)[responder]
Pero Piquito, nese parágrafo, se non o entendo mal, o que se di é que o que cambiou foi o título xeral da obra, de "O Gran Sacrificio" a "Santa Primavera", non se fala en ningures que a primeira parte cambiara tamén o título de "O Bico da Terra" a "Adoración da Terra", penso que aí hai algo que non encaixa. Ou eu polo menos non o encaixo..., e vin que na versión en inglés está igual pero non cadra. A explicación sería que ademais de cambiar o título xeral da obra cambiara tamén o título da primeira parte..., pero non teño información sobre iso... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 18:58 (UTC)[responder]
Elisardojm, o último parágrafo da sección di: Stravinski posteriormente explicou a Nikolai Findeyzen, o editor da Gazeta Musical Rusa, que a primeira parte da obra chamaríase "O Bico da Terra", e consistiría en xogos e danzas rituais interrompidos por unha procesión de sabios, culminando nunha danza frenética coa xente abrazando a primavera, cal é o problema? A min me encaixa perfectamente, non sei. Unha aperta! Piquito (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 20:12 (UTC)[responder]
Claro, e se lle dixo a ese que ía chamarse "O Bico da Terra", como é que no artigo dise que a primeira parte se chama "Adoración da Terra" e non hai ningún sitio do artigo no que se explique esta diferencia? Iso é o que non me encaixa..., cambiou de idea despois? se é así, penso que debería aclararse nese parágrafo para que quede claro... Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 22:44 (UTC)[responder]
Elisardojm, eu non teño o libro que fai referencia a esa frase... eu non teño motivos para desconfiar dun FA da Wikipedia en inglés, nesa Wikipedia hai moitos editores que poden revisar o artigo, e que contan con máis bibliografía dispoñible da que eu lamentablemente podo manexar. O que estou seguro ao 99'9% é de que inicialmente Stravinski pensou titular a esa parte dese xeito, como lle comunicou a Findeyzen, outra cousa é que logo o pensara mellor e decidira mudar o título, algo por certo moi habitual. Eu do que si teño referencias é do primeiro dos títulos (o da sección anterior), polo que podo case asegurar que o que pasou foi eso, inicialmente pensou nun título e logo o cambiou por outro. Unha aperta!! Piquito (conversa) 5 de xuño de 2015 ás 16:34 (UTC)[responder]
Non, eu tampouco desconfío e supoño o mesmo ca ti, pero penso que debería estar aclarado no artigo porque doutro xeito pode levar a confusión. Vou preguntar na wiki en inglés a ver se alguén de alí pode dar un pouco máis de información sobre o tema. Xa che contarei se din algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2015 ás 20:44 (UTC)[responder]

Dúbidas na sección Carácter xeral[editar a fonte]

Neste apartado hai unha cita de Robert P. Morgan que comeza por comiñas pero non se pechan, non sei onde poñelas porque esa parte non está no artigo en inglés.

E é correcto: " bitonalidade (a utilización de dúas armaduras diferentes de xeito simultáneo)"? Armaduras? Tampouco o podo comprobar porque non coñezo a fonte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 09:26 (UTC)[responder]

É correcto, de todos xeitos mudei armadura por tonalidade para que non haxa confusión. Puxera armadura para non poñer tanta tonalidade xunta, pero a armadura tamén se refire ao compás, así que mellor así. Agora reviso en Morgan o que comentas arriba. Piquito (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 13:10 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Xa pechei as comas, non son exactamente as palabras de Morgan, modifiquei un pouco o principio e o final da segunda frase, pero vén significar o mesmo. Piquito (conversa) 4 de xuño de 2015 ás 13:55 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Le Sacre du printemps. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 00:12 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Le Sacre du printemps. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 12:32 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Le Sacre du printemps. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de abril de 2019 ás 17:00 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 11 de setembro de 2019 ás 23:41 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Le Sacre du printemps. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de febreiro de 2020 ás 16:34 (UTC)[responder]