Conversa:Kiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Acentuación[editar a fonte]

Debemos usar a adaptación castelá da adaptación do ruso Kiev ou, pola contra, facelo —penso que máis correctamente— respectando a ortofonía rusa, Kíev? Dando por sentado que, debido á castrapización do galego é máis fecuente ver por escrito a forma Kiev, por outra parte, nestes tempos de incertidume para Ucraína, podemos escoitar nos informativos e reportaxes das televisións, mesmo nas españolas, como persoas eslavas, e mesmo correspondentes españois pronuncian Kíev, penso que, polo menos, debemos manter amabas as formas en pé de igualdade. Polo que recpecta á forma ucraína, oficial, Kíiv, temos que recoñecer que, sen dúbida por razóns históricas, en todos os idiomas europeos se emprega a forma rusa. --XoioÉche o que hai 12 de marzo de 2014 ás 12:15 (UTC)

En realidade a decisión non é tal. Temos fontes serias en galego que avalan a forma Kiev (sen til) e non as temos para Kíev (con til). A política e clara: emprégase a forma tradicional en galego, e só no caso de non haber dita forma, habería que facer unha transliteración. Mais non é o caso, queda Kiev sen til. De haber referencias para Kíev podería engadirse, mais non as hai. --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 13:25 (UTC)
Por certo que a "adaptación castelá" é tamén a que empregan francés e portugués, por exemplo. --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 13:29 (UTC)
Para a RAG está claro é Kiev, forma que aparece na definición de ucraíno [1], non é este o lugar para propoñer outras formas, penso eu, nin é un caso de linguaxe altamente especializada, onde podería haber argumentos para non utilizar unha forma sancionada polo RAG desde o momento que a propia academia di que o seu dicionario é para usos comúns ou de baixa especialización .--Sernostri (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 14:58 (UTC)
E certo que a política di que, de non haber forma galega, emprégase a orixinal e oficial transliterada. Mais non é o caso, sí que hay forma galega. Non hai debate. --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 15:02 (UTC)