Conversa:Joaquín María Ferrer Echevarría

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O artigo non se corresponde cos das interwikis; cómpre revisar. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de abril de 2014 ás 12:47 (UTC)[responder]

Aquí aparece co nome do noso artigo pero os datos biográficos son os das outras wikipedias (pero non sei se son fiables no texto di que foi primeiro ministro en 1836 mentres para as outras qikipedias foi en 1841) [1]--Sernostri (conversa) 21 de abril de 2014 ás 19:49 (UTC)[responder]
Segundo isto foi secretario de facenda do 14 ao 17 de agosto de 1836 [2].--Sernostri (conversa) 21 de abril de 2014 ás 19:55 (UTC)[responder]
No historial da wikipedia en español creouse con Evevarría como segundo apelido e despois indicando que estaba mal mudouse para Cafranga, quizais algunha fonte oficial co seu nomeamento confundiu o segundo apelido e logo pasou a algunhas obras de referencia xa que esas dúas que indico aparece Ferrer pero son practicamente as únicas importantes que tal fan, no resto ou non aparece o segundo apelido ou é Cafranga.--Sernostri (conversa) 21 de abril de 2014 ás 20:04 (UTC)[responder]

Confusión[editar a fonte]

Eliminei a imaxe e a caixa de gobernante porque son erróneas. A imaxe é de Joaquín María Ferrer y Cafranga que naceu en Pasaia e foi presidente en 1841.--MAGHOI (conversa) 10 de outubro de 2017 ás 15:21 (UTC)[responder]

Eliminar páxina[editar a fonte]

Pido a algún administrador que considere a eliminación desta páxina. Motivos: foi traducida de es:wiki onde o contido era erróneo e foi modificado; os datos están ser referenciar; parte dos datos se confunden coa páxina "Joaquín María Ferrer y Cafranga" que é correcta; intentei confirmar algúns dos datos que se ofrecen e non é posible (nin en senado.es, nin en congreso.es nin en mocloa.es, aparece ningún deputado, senador ou presidente de goberno chamado así; é dicir, seguramente hai confusión con "Ferrer y Cafranga"). E, por outra parte, hai varias follas na internet que collen como fonte ben a Wikipedia ou ben a Galipedia como fonte errónea. Por todo isto, coido que cómpre eliminar a páxina para non xerar confusión. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 12 de decembro de 2017 ás 18:14 (UTC)[responder]