Conversa:Xapeto (lúa)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Iapeto (lúa)»)

Untitled[editar a fonte]

Os períodos de revolución e de rotación son iguais: 79 d 19 h 17,4 m, pero non sei se son a mesma cousa e simplemente está repetido ou son diferentes e un deles está trabucado. Pedro --Lameiro (conversa) 16:20, 5 novembro 2007 (UTC)

Non está trabucado, a meirande parte das lúas do Sistema Solar tardan o mesmo tempo en dar unha revolución ao planeta nai, que en dar unha revolución sobre sí mesmos, isto é debido á gran influencia gravitacional da masa do planeta. O mesmo lle acontece á nosa Lúa, debido ao cal sempre está dando a mesma cara á Terra.--Fobos92 12:07, 4 xullo 2009 (UTC)

Sinxelamente é unha lúa con rotación síncrona ou sincrónica, coma ben di Fobos, o seu "ano" e tan longo coma o seu "día".--Xabier Cancela (fálame 21:00, 26 novembro 2009 (UTC)

Iapeto ou Xapeto? Creo que a EGU de Ir Indo dá Xapeto. Alguén pode atopar referencias para o nome en galego? --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:14, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Para min debería ser Xápeto.--Miguelferig (conversa) 30 de xullo de 2018 ás 23:44 (UTC)[responder]

A EGU, efectivamente, dá a forma Xapeto. Pedro --Lameiro (conversa) 6 de decembro de 2020 ás 18:04 (UTC)[responder]