Conversa:Gregorio Palamas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Atobar, sen maiores explicacións, (el non ten porque dalas) acaba de borrar toda unha sección sobre o pensamento do autor cume da teoloxía bizantina e ortodoxa. O pensador que enche sete séculos de pensamento grego, ruso... Non pide referencias, non expón as súas dúbidas na páxina de conversa, se cadra porque o ten todo claro, non propón mellorar a redacción encerellada e por suposto non o intenta el. Non: simplemente di que lle parece fóra de lugar (argumento total). Que algo estea fora de lugar na mentalidade dun wikipedista non xustificou nunca un borrado, que algo estea para el moi encerellado, pode pasarlle tamén con moitos outros pensadores e non por iso hemos de tolerar unha pura e simple supresión. Animo a que os autores deste artigo retomen a súa redacción, iso si, con referenicias, eu verei de contribuír. Recomendo unha exposición non encerellada á altura do que Atobar alcance a comprender, algo difícil tratándose de pensamento bizantino. Pagará a pena o esforzo con tal de que que non se atribúa, unha vez máis, o dereito a desfacer o traballo dos que, polo menos, merecen un respecto. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.110.32 (conversacontribucións) 00:36, 19 de marzo de 2012

Ola 83.165.110.32 Se quere que as súas mensaxes se tomen en consideración "faga comentarios sobre o contido, non sobre o colaborador. Os ataques persoais raramente axudan a argumentar o seu punto de vista". Por outra banda, independemente do colaborador que fixo a edición nesta ocasión ese texto, fóra dos obxectivos do proxecto, máis tarde ou mais cedo ía retirarse deste artigo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 00:41, 19 de marzo de 2012 (UTC)
  • Actuei neste artigo, penso que acertadamente, logo de me pór sobre aviso o usuario Elisardo[1]. Non contactei coa IP e limiteime a expor o motivo no cadro resumo precisamente porque era unha IP e non un usuario rexistrado, e porque certamente tampouco lle vin demasiada complicación ao asunto. En todo caso, como lle dixen a Elisardo na súa páxina de conversa[2], o engadido non era enciclopédico. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:19, 19 de marzo de 2012 (UTC)