Conversa:Gleba

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gleba en micoloxía e gleba na lingua común[editar a fonte]

Aínda que é certo que na linguaxe micolóxica internacional utilízase o termo gleba, que deriva do latín glaeba, ou glēba, que significa "terrón", "terrón que se levanta co arado" e mesmo "terra de cultivo",[1] para designar o concepto aquí definido, non é menos certo que, na liguaxe común das linguas románicas, o termo emprégase más ben co significado que lle daban os antigos romanos. Véxase, por exemplo, gleba no dicionario da RAG,[2] ou no da RAE.[3] Neste senso é frecuente usalo nas expresións equivalentes servos da gleba / siervos de la gleba, que se refiren aos campesiños da época feudal.

Podemos usar en galego o termo gleba no sentido que se lle dá en micoloxía? Si. Ademais de ser de uso internacional, no Glosario do libro de Marisa Castro,[4] discípula que foi do recordado Luís Freire, e continuadora do seu labor a prol da divulgación do patrimonio micolóxico galego, define gleba comno a "masa central do carpóforo dos gastromicetos" (p. 279). Aínda que, por outra parte, na Clave dicotómica (p. 43), fala de carne februda e carne graúda; e no Glosario define carne como o "corpo fructífero que soporta as estructuras preporductoras dos fungos (corresponde co cogomelo)" (p. 278).

Por iso non é de estrañar que este arigo remita, para outras wikis, entre outras, ás seguintes:

alemán, Gleba
inglés, Gleba
esperanto, Glebo
francés, Glebe

Pero tamén:

castelán, Carne (micología)
italiano, Carne (micologia)
portugués, Carne (micologia)

Polo tanto, e tendo ademais en conta que aínda existe no mundo outra Gleba (esta, con inicial maiúscula), que é unha localidade do Voivodato de Mazovia, en Polonia, quizais sería conveniente crear unha páxina de homónimos na que se indicase que podería tratarse de:

  • Gleba (micoloxía) - que sería esta páxina;
  • Gleba (agricultura), ou Terra de labor, ou Terra arábel (páxina que habría dque facer);
  • Gleba, Mazovia, localidade de Polonia, no voivodato de... (páxina que habería que facer)

Co que se evitaría o lío das ligazóns interwikis que hai agora. --XoioÉche o que hai 26 de marzo de 2015 ás 20:49 (UTC)[responder]

  1. gleba no The Free Dictionary.
  2. gleba no dicionario da RAG,
  3. gleba no DRAE.
  4. Marisa Castro (2000): Guía dos cogomelos comúns de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-542-6.