Conversa:Galegos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Facer un artigo sobre os habitantes de Galicia[editar a fonte]

Propoño mover esta páxina cara a "Galegos (homónimos)" e facer aquí un artigo sobre os habitantes de Galicia, do mesmo xeito que o teñen en máis dunha ducia de wikis (be:Галісійцы, be-x-old:Галісійцы, de:Galicier, en:Galician people, es:Gallegos, eu:Galiziar, hu:Galiciaiak, it:Galleghi, ja:ガリシア人, mrj:Галисивлӓ, nah:Galiciatlācatl, nl:Galiciërs, os:Галисиаг адæм, pl:Galisyjczycy, pt:Galegos, ru:Галисийцы, sh:Galisijci...) --. HombreDHojalata.conversa 10:54, 18 de xuño de 2011 (UTC)

  • Acabo de lles botar unha ollada aos artigos en linguas que comprendo e penso que non debemos facelo, porque en realidade o que se fai é unha mestura de galegos de sona, con poboacións, coa lingua e con outros aspectos culturais de Galiza. Ao termos xa Galiza, Reino de Galiza, Historia de Galiza, Lingua galega etc., opino que o de galego está de máis. En todo caso, podería ir como definición no galizionario. --Atobar (conversa comigo) 12:48, 18 de xuño de 2011 (UTC)