Conversa:Galega 100%

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non sei con que referencias, pero si sería importante engadir isto [1] [2]. A ver se dás coa maneira, Pedro, refírome a referencialo. Aproveito para comentar que xa hai tempo que me rolda a idea de crear Incumprimentos da LNL ou unha cousa similar. Penso que podería ser do máis útil, e contidos temos cantos queiramos, e o mesmo conta para as referencias. Sería un puro traballlo de rastrexo de hemeroteca. A ver quen se anima a comezalo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 00:25, 14 de febreiro de 2011 (UTC)

  • O erro de "galega" e de "diferencia" é tan patente como penoso; outros que remarcan nesas ligazóns que engades habería que atribuílo a quen fixo ese anuncio (falo de "producto" e "disfrutar"). Nun anuncio onte a toda páxina na Voz, escriben "produtos" e non aparece tal "disfrutar". O trazo que pode querer dicir "gallega" no canto de "galega" é, para min, simplemente o chorro de leite, e no texto xa non hai confusión: sempre escriben "galega". Estou de acordo co que dis no fondo, pero non sei se iso compete a unha enciclopedia, e moito menos ese interesantísimo proxecto sobre os incumprimentos da LNL, que merece un artigo nunha revista lingüística, sociolóxica, filosófica, pero non o vexo eu moi acaído na nosa Galipedia. Iso si, material atopariamos abondo desde o "Desván de los Monjes" ata nas hemerotecas, na TVG, no diario de sesións, na publicidade e publicacións institucionais e nos sinais das estradas (en Santiago está o Hospital Clínico: está sinalizado das tres formas posibles, "clínico", como debe ser; "clinico", sen til ningún; e "cliníco", con til no segundo i. Te lo juro por Snoopy). Este traballo de recollida de erros tería unha dificultade: diferencia-los erros humanos, que cometemos todos ("Este libro no contiene ninguna herrata", sic), do descoido e a ignorancia imperdonable. Intentarei engadir un comentario ó respecto no artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 17:26, 14 de febreiro de 2011 (UTC)
  • Pedro, pero eu non ía por aí, aínda que se pode perfectamente. Trataríase de ser serios e moi selectivos. Por exemplo, achegar os datos de incumprento do ensino en galego nas escolas, o número de denuncias por discrimacións, sentenzas, desleixo dos concellos, valados de propaganda institucional que coa lei na man debería ser en galego e non o é etc. Hai miles, ducias de miles de casos, e boa parte deles entendo que si poden ser tratados dende o rigor enciclopédico. Sobre do erro intencionado de galega, resulta tan penoso que xa o deixo estar. --Atobar (conversa comigo) 17:35, 14 de febreiro de 2011 (UTC)