Conversa:Gaivota tridáctila

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O DRAG dá como forma garrucho [1], habería que engadir referencias do nome actual, e logo varolar se hai que mover o artigo ou non.--HacheDous=0 (conversa) 25 de agosto de 2016 ás 20:24 (UTC)[responder]

Artigo movido segundo a referencia do DRAG. Banjo tell me 25 de agosto de 2016 ás 21:01 (UTC)[responder]

Engadín referencias para gaivota tridáctila, que é o nome que se vén usando desde hai moitos anos para ela en galego. A primeira das referencias é do DRAG (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Tridáctilo.), outras son as de Conde Teira, que son utilizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural e que as usamos profusamente na galipedia para referencias. Hai máis referencias, pero creo que xa puxen demasiadas. Covén precisar que se o DRAG ten a palabra garrucho, é porque constata que existe a palabra garrucho en galego, que é aceptable e dá a súa definición. Iso non quere dicir que renegue de gaivota tridáctila, pero como o dicionario non é unha enciclopedia de animais, na voz gaivota non indica as moitísimas gaivotas que hai (para o DRAG, gaivota = lárido). En todas as linguas que nos rodean utilizan o nome de gaivota tridáctila ou equivalente. Non entro a valorar se foi precipitado ou non cambiarlle o nome á páxina a garrucho, pero si creo que foi totalmente esaxerado eliminar a redirección de gaivota tridáctila, que se debería restituír. Gustariame ter máis información sobre a palabra garrucho, onde se usa, por exemplo, se está moi estendida ou moi restrinxida a algún punto concreto do noso litoral. En calquera caso, garrucho é un nome correcto para esta ave, o que é discutible é que deba ser o nome principal que se lle teña que dar a esta ave en galego. De todas maneiras é unha ave pouco común aquí.--Miguelferig (conversa) 26 de agosto de 2016 ás 20:35 (UTC)[responder]

Recupero a entrada gaivota tridáctila como redirección cara garrucho. Pedro--Lameiro (conversa) 26 de agosto de 2016 ás 21:44 (UTC)[responder]
Nótese que ningún dos autores do Dicionario de dicionarios recolle "garrucho" co significado de ave ningunha. Pedro --Lameiro (conversa) 26 de agosto de 2016 ás 21:47 (UTC)[responder]
Se o que se di no artigo é certo é unha especie recente en Galicia polo que é dubidoso que teña un nome popular, e os dous nomes tiveron que ser adaptados/creados por especialistas, parece evidente que o primeiro que se usou foi o de gaivota tridáctila pola súa similitude co castelán e o portugués. Ignoro de onde procede garrucho, no DdD como se afirma arriba ten outros significados pero non o de ningunha ave. Unha vez considerado que no DRAG trae as dúas formas e dada a tradición de gaivota tridáctila en galego desde hai moitos anos, eu considero que se debería recuperar a primeira forma (a anterior) como título do artigo--HacheDous=0 (conversa) 26 de agosto de 2016 ás 21:50 (UTC)[responder]
Paco Fernández Rei sácanos do erro. Garrucho (e variantes) si que vén no DdD, recollido por Ríos Panisse de mariñeiros do Ortegal. O que pasa é que o din con gheada e así consta no DdD: gharrucho, gherrucho e ghurrucho. Insiro esta información na nota a rodapé. Pedro --Lameiro (conversa) 9 de setembro de 2016 ás 14:22 (UTC)[responder]
Que eu saiba, non é unha especie recente en Galicia senón, como di Miguel, infrecuente. Pedro --Lameiro (conversa) 26 de agosto de 2016 ás 21:54 (UTC)[responder]
Referíame como nidificadora, que son as aves que adoitan ter nomes populares. Unha ave infrecuente que non aniña como pasaba con esta ata os anos 70, segundo o artigo, supoño que será máis difícil que teña un nome popular.--HacheDous=0 (conversa) 26 de agosto de 2016 ás 21:58 (UTC)[responder]

É rara como nidificadora, pero é máis común como ave visitante que pasa voando polas nosas costas. Podería ser que os mariñeiros lle tivesen un nome distintivo, porque me estrañaría que o aceptase o DRAG se non, pero eses nomes adoitan a ter unha definición pouco precisa (para concretalo nesa especie). Outra cousa é que sexa un nome frecuente ou estendido. Podería ser un nome existente pero raro. De todos modos é a primeira vez que o oio (o cal non quere dicir nada). Por outra parte, gaivota tridáctila non só é utilizado en portugués e castelán (ademáis de estar no propio nome científico), senón tamén en francés, italiano, catalán e creo adiviñar que en alemán e holandés (non sei ben traducilos pero parece que si), e seguramente noutros idiomas (en inglés non, xa que ten un nome onomatopéico).--Miguelferig (conversa) 26 de agosto de 2016 ás 22:08 (UTC)[responder]

Boas, movín o artigo a gaivota tridáctila porque, aínda que apareza no DRAG, entendo que só aparece aí porque a academia recolleu o termo e aceptouno, pero iso non quere dicir que sexa a forma máis utilizada. Segundo a nota do artigo, esa forma só foi recollida en tres poRtos de Galicia da comarca de Ortegal, pola contra, hai sete referencias de diferentes organismos e libros, entre elas a propia RAG, para a forma "gaivota tridáctila", polo que entendo que esa debe ser a forma máis estendida. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2019 ás 08:32 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Garrucho. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2018 ás 04:09 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Gaivota tridáctila. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de agosto de 2019 ás 07:25 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Gaivota tridáctila. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de novembro de 2019 ás 08:05 (UTC)[responder]