Conversa:Floración de algas nocivas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Bloom significa floración. Afloramento ten outro significado relacionado con verse "na superficie" algo que estaba profundo. As algas proliferan, o que se adoita chamar floración. Segundo o BUSCaermos, no Vocabulario multilingüe de acuicultura. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2002 aparece o termo floración (ver aquí, páxina 134), equivalente a bloom. Aínda que este vocabulario non define a que se refire, como é específico de acuicultura, é máis que probable que se refira á floración = proliferación (bloom) de algas e non á floración das plantas (cando estas botan flores). Tamén se usa floración en portugués (floração) e castelán referido a algas.--Miguelferig (conversa) 12 de abril de 2017 ás 19:10 (UTC)[responder]