Conversa:Feira Franca de Pontevedra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Amor, escarnio e maldizer ou maldicir, pero non creo que maldecir. É un erro de redacción? --Atobar (conversa comigo) 17:42, 4 setembro 2009 (UTC)

  • Tiña que ser un erro, mudeino a maldicir segundo a súa web.--RNC 18:20, 4 setembro 2009 (UTC)

FESTA MEDIEVAL?[editar a fonte]

É un pouco estraño chamarlle feira medieval cando a Feira Franca que se toma como referente comeza en 1467 e o longuísimo período medieval (un milenio) remata en 1453, aínda que outros autores prefiren 1492. De todas formas ese evento prolongouse no tempo, polo que semella máis acaído falar, respecto da orixe, de "festa moderna", "festa da Idade Moderna" ou "festa renacentista". De todos modos, é certo que os que participan nela, moitas veces sen moito interese pola orixe histórica, simplemente pretenden participar nunha festa medievalizante ao estilo doutras moitas que se puxeron de moda nos últimos anos. De todos modos, creo que se debería facer constar esta discordancia de períodos entre a orixe e no que realmente consiste hoxe a celebración. Exemplo disto é que nun ano se dedicase ás cantigas galego-portuguesas, cando este fenómeno se extinguiu máis de dous séculos antes da celebración da primeira feira franca. O desfase cronolóxico sería como facer unha festa da Ilustración ou da Revolución Francesa con ordenadores e móbiles táctiles. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.35.236.217 (conversacontribucións) 1/9/2017