Conversa:Fariña (serie de televisión)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Referencias en títulos[editar a fonte]

Estevoaei, segundo o Wikipedia:Libro de estilo non se poden poñer referencias nos títulos de seccións, o que pasa é que como esas referencias son as dos capítulos non sei onde será mellor poñelas. Que tal no primeiro parágrafo da sección? Tamén pode poñerse ó final de cada parágrafo da sección reutilizando a referencia... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de maio de 2018 ás 01:14 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 07:40 (UTC)[responder]

Dúbidas[editar a fonte]

Estevoaei, na sección de características pon "A primeira tempada comeza en 1981 e remata coa operación Nécora.", en vez de tempada, non debía poñer capítulo? Penso que debería dicir así: "O primeiro capítulo comeza en 1981 e o último remata coa operación Nécora." Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 08:00 (UTC)[responder]

A idea orixinal era facer a serie en dúas tempadas, a primeira de 1981 a 1991, e a segunda de 1992 á actualidade. Ao parecer non vai haber segunda tempada, co cal si que hai que mudar a redacción.

Podes revisar tamén esta frase: "Roque e Oli levan cartos a Suíza, e tabaco escóndeno na casa de Camila."? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 08:15 (UTC)[responder]

"Roque e Oli levan cartos a Suíza, e esconden o tabaco na casa de Camila."

Tamén o final desta: "a pesar de que lle pide aos colombianos que lle deixen xestionar a el a traizón de Braulio, este aparece morto coa garabata colombiana, feita aos delatores". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 08:17 (UTC)[responder]

"Pídelle aos colombianos que lle deixen a el xestionar a traizón de Braulio, mais este aparece morto coa garabata colombiana, método usado para acabar cos delatores" (non sei se así se entende mellor).

E nesta: "A súa curmá Leticia e o mozo desta, Javi Bustelo", a tal Leticia é curmá do sarxento Castro? É que non vin a serie :( Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 08:22 (UTC)[responder]

"A súa curmá Leticia e o mozo desta, Javi Bustelo, regresan de Madrid. Este pídelle traballo aos Charlíns, e o clan envíao cos colombianos como garantía durante unha descarga.[20]" este anaco ten que ir ao final do parágrafo anterior. Leticia é curmá de Pilar Charlín.

Nesta: "os Charlíns compran uns décimos de lotería premiados para branquear cartos, pero Iolanda, a sobriña, rouba o décimo para marchar con Javi Bustelo.[22]", a sobriña rouba só un décimo ou róubaos todos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 08:28 (UTC)[responder]

A sobriña rouba todos os décimos. De feito non é Iolanda, senón Leticia.
Ola, @Elisardojm:; respondo (en cada apartado) en vez de editar para non dar conflito de edición. Graciñas pola revisión! Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de xuño de 2018 ás 08:47 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Estevoaei, xa rematei, pero revisa se quedou todo ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 09:24 (UTC)[responder]