Conversa:Falacia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Voume poñer coa mellora deste artigo, xa que contiña inexactitudes como confundir a falacia coa mentira ou a falsidade, que son cousas distintas. --Paradanta (Cóntame) 22 de xullo de 2013 ás 09:34 (UTC)[responder]

Definición[editar a fonte]

Boas. En primeiro lugar, gran traballo Paradanta! Nembargantes, gustaríame precisar un pouco mellor a definición (non é fácil). As falacias poden ser argumentos válidos. Da literatura que eu teño lido sobro o asunto, quédome coa definición de Montserrat Bordes Solanas (http://www.casadellibro.com/libro-las-trampas-de-circe-falacias-logicas-y-argumentacion-informal/9788437628509/1862144) sobre falacia.

Propoño:

Falacia, def. é un argumento non razoable ou racionalmente non convincente, que aínda que poida ser válido, contén un erro inferencial por violar un ou varios criterios da boa argumentación.

Un saúdo, --Plaslux (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 12:25 (UTC)[responder]

Primeiramente, desculpas por tardar tanto en contestar. Nos últimos meses non me paso moito pola Galipedia. Como ben dis, definir falacia é francamente difícil, abonde como proba que non hai consenso entre os estudosos do tema. Eu optei pola definición que figura no artigo porque me pareceu moi sinxela de entender para calquera lector que se achegue ao artigo, non quería entrar en cuestións máis complicadas. Non é doado de entender como un argumento pode ser válido e errado ao mesmo tempo. A ver se alguén máis se pronuncia, non me opoño en absoluto a que se cambie a definición se unha maioría o considera axeitado. --Paradanta (Cóntame) 14 de xaneiro de 2014 ás 15:12 (UTC)[responder]

Taxonomía[editar a fonte]

Na selección de falacias, hai unha mistura entre as falacias da lóxica formal (ás da lóxica clásica) e da lóxica informal. Sería bo facer a distinción.

--Plaslux (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 12:25 (UTC)[responder]

Completamente de acordo, Plaslux. Ti mesmo podes facer esa distinción. Adiante e un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 14 de xaneiro de 2014 ás 15:13 (UTC)[responder]

Onde pon "na medida en que o argumentante vese obrigado a admitir a veracidade a falacia" debería pór "na medida en que o argumentante vese obrigado a admitir a veracidade da falacia"? Unhanova (conversa) 6 de xullo de 2017 ás 06:57 (UTC) Onde pon Ex: "Que forza debemos empregar aquí? Forte ou fraco?" debería pór Ex: "Que forza debemos empregar aquí? moita ou pouca?"? Unhanova (conversa) 6 de xullo de 2017 ás 07:19 (UTC)[responder]

Ola, Unhanova. Á segunda, si, debe de ser "moito ou pouca". Cambia sen medo. Sobre a primeira cuestión, non entendo a que te refires. En todo caso, sería "na medida na que o argumentante se ve obrigado a admitir a veracidade a falacia". Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 6 de xullo de 2017 ás 08:49 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Falacia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 17 de novembro de 2019 ás 02:53 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Falacia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de xaneiro de 2020 ás 10:16 (UTC)[responder]