Conversa:Exoesqueleto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Écdise (muda de artrópodos) non debería redirixir aquí. Tampouco debería redirixir a muda, porque a écdise é a muda de artrópodos, mentres que muda é máis amplo, por exemplo a muda da pel das cobras. Écdise debería ter a súa páxina propia e muda tamén.--Miguelferig (conversa) 4 de novembro de 2016 ás 21:19 (UTC)[responder]

Entendo que as redireccións creáronse para apuntar á sección "Écdise" deste artigo. Pódense desfacer esas dúas redirecións e crear os artigos correspondentes sen problema, pero mentres tanto si son correctas. Banjo tell me 4 de novembro de 2016 ás 21:29 (UTC)[responder]
As iw deses dous son: Écdise e muda Banjo tell me 4 de novembro de 2016 ás 21:37 (UTC)[responder]
Polo momento xa fixen a páxina muda (bioloxía), que é un dos 10.000 artigos esenciais, e vou redirixir muda a muda (bioloxía). Despois a ver se podo facer écdise.--Miguelferig (conversa) 4 de novembro de 2016 ás 23:44 (UTC)[responder]
Se non hai termos homónimos probables, podes deixar o artigo directamente en muda Banjo tell me 4 de novembro de 2016 ás 23:46 (UTC)[responder]
Non sei se se poden considerar homónimos a muda de roupa ou as persoas que non poden falar (muda/mudo), as películas mudas ou mudar a voz na adolescencia, e Mudá (localidade de Palencia). Pode ser que haxa algún apelido ou topónimo polo mundo tamén.--Miguelferig (conversa) 5 de novembro de 2016 ás 00:03 (UTC)[responder]
Creei, por fin, unha páxina específica para écdise, polo que retirei a redirección a esta páxina.--Miguelferig (conversa) 22 de xuño de 2018 ás 21:01 (UTC)[responder]