Conversa:Ex professo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

É correcto ex profeso? pois no DRAG pon ex professo con dúas eses.--Alfonso mande 20 de setembro de 2016 ás 12:51 (UTC)[responder]

Alfonso, eu entendo que non é correcto, no dicionario en liña da RAG tamén o poñen con dúas. A ver se alguén con máis datos di algo máis pero eu penso que hai que cambialo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 13:17 (UTC)[responder]
A RAG dá por válida só a forma ex professo, tal cal sería no orixinal en latín. Polo tanto, debe primar esa escrita. Por outra banda, hai dicionarios como o Gran Dicionario Século 21 ou, sobre, todo, o Gran Xerais da Lingua, nos que a entrada correcta é ex profeso. Elisardo, encárgaste ti de meter isto no artigo, ou? --Atobar (conversa comigo) 20 de setembro de 2016 ás 13:24 (UTC)[responder]
Feito! Feito!, hai tamén unha redirección dende ex professo, Atobar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 21:39 (UTC)[responder]
Moitas grazas. Tan só fixen agora un cambio para darlle primacía á forma da DRAG, que foi movelo a ex professo con dous eses e deixar o outro como redirección. --Atobar (conversa comigo) 21 de setembro de 2016 ás 09:04 (UTC)[responder]
Hum..., Atobar, se as dúas formas son aceptables..., non deberíamos deixalo como estaba xa que foi a escolla do primeiro editor...? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 09:07 (UTC)[responder]
Non, porque non todas as referencias valen o mesmo. A RAG sempre prima, e a RAG non dá por boa ex profeso, cun só s. Se dese as dúas formas como correctas, daquela a orde sería indiferente. Pero este caso é distinto, aquí os que dan por bo ex profeso son outros dicionarios, non a Academia. --Atobar (conversa comigo) 21 de setembro de 2016 ás 09:43 (UTC)[responder]
Ok, grazas pola aclaración. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 10:32 (UTC)[responder]