Conversa:Entroido
Esta páxina empregou na súa primeira edición a forma ou formas [Galiza]. Esta forma ou formas serán as que se empreguen no artigo, segundo especifica o libro de estilo. |
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
[editar a fonte]No meu dicionario non aparece antroido pero si entroido, ¿non habería que mover esta páxina a entroido? Segundo o que decidades, facémolo ou non. Unha aperta--Luisinho(✍ ir á miña discusión) 21:43, 28 Mar 2005 (UTC)
- Entroido é a forma recoñecida e ten que ver coa etimoloxía da palabra (de entrar), se non se opón ninguén haberá que a cambiar á forma correcta.--Rocastelo 21:47, 28 Mar 2005 (UTC)
Movida
[editar a fonte]Movida a páxina e mailas ligazóns, agora só queda borralas anteriores:
- Antroido/Ribadeo, movida a entroido/ribadeo
- Pregón ano 1997/Antroido Ribadeo movidas todas a entroido
- Pregón ano 1996/Antroido Ribadeo
- Pregón ano 1998/Antroido Ribadeo
- Pregón ano 1999/Antroido Ribadeo
- Pregón ano 2001/Antroido Ribadeo
- Pregón ano 2004/Antroido Ribadeo
--Luisinho(✍ ir á miña discusión) 14:50, 29 Mar 2005 (UTC)
Entroido
[editar a fonte]Copia do deixado nas páxinas de comentario de Luisinho:
Ola, Luisinho. Vexo que estás a cambiar as entradas de Antroido de Ribadeo por Entroido. A forma que ti pos non se usa por aquí, por eso estaba así. Non teño inconvinte en deixalo como o puxeches ti, pero creo que debera estar do outro xeito polo que digo. En tal caso, facer ó revés, crear unha páxina con 'Entroido' e redirixila a 'Antroido'.--Agremon(contacto) 14:52, 29 Mar 2005 (UTC)
- As páxinas dos pregóns deberían estar na wikisource, e non ten moito sentido modificalo, deixaría de ser o pregón tal como se pronuncionou.--Rocastelo 17:00, 29 Mar 2005 (UTC)
- A letra dos pregóns non foi modificada, só se moveron de sitio.--Luisinho(✍ ir á miña discusión) 17:41, 29 Mar 2005 (UTC)
- Non me refería ao que fixeches ti, quería dicir que os artigos da wikipedia son por definición modificables, e eses artigos referidos aos diferentes pregóns de Ribadeo, son por natureza inmodificables, deixarían de ser os pregóns que se dixeron, polo que reforzaba o meu argumento de os mover a wikisource.--Rocastelo 17:51, 29 Mar 2005 (UTC)
Fusión con Carnaval
[editar a fonte]Independentemente das nosas opinións sobre a galeguidade do termo Carnaval, o certo é que os dicionarios recoñecen que é sinónimo de entroido. Por iso o lóxico é fusionalo. Mantiven na fusión a discusión sobre a etimoloxía de carnaval e retirei algunhas referencias á Coresma, que se repetían en varios puntos do mesmo artigo.
Quedaría por crear unha lista de entroidos do mundo, que é moi necesaria.--Xabier Cid 09:50, 23 febreiro 2007 (UTC)
Suprimir "Antroido"
[editar a fonte]Propoño suprimir "Antroido" como variante equiparable a "Entroido". O étimo é introitu, que dá "Entroido", palabra relacionada con "Entrada" (como se explica no propio artigo). "Antroido" é unha deformación cotiá na lingua galega dalgúns 'e' en posición átona, especialmente se este é pretónico. É o mesmo caso que "astaleiro" ou "astela" (por 'estaleiro' e 'estela'). Do punto de vista filolóxico é como se pomos "frol" como sinónimo de "flor".--Rosamf 12:11, 8 febreiro 2010 (UTC)
- Pode que teñas razón, mais discordo con suprimir antroido. Pode que non o debamos poñer como sinónimo equiparable, pero si debémolo mencionar, cando menos, coma un termo moi empregado non só oralmente senón tamén por escrito. --Alberte Si, dígame? 15:53, 8 febreiro 2010 (UTC)
- Por coherencia co principio de respecta-lo VOLGa, a entrada "Antroido" debería desaparecer e aínda que se poida manter como variante no texto de Entroido deixar máis claro que aquela é unha forma incorrecta, por moi usada que sexa. Pedro --Lameiro (conversa) 18:31, 8 febreiro 2010 (UTC)
- Suprimino do corpo do texto pero metino como nota aclaratoria. --Atobar (conversa comigo) 20:58, 27 febreiro 2010 (UTC)
- Por coherencia co principio de respecta-lo VOLGa, a entrada "Antroido" debería desaparecer e aínda que se poida manter como variante no texto de Entroido deixar máis claro que aquela é unha forma incorrecta, por moi usada que sexa. Pedro --Lameiro (conversa) 18:31, 8 febreiro 2010 (UTC)
Mover?
[editar a fonte]Case todo o artigo é sobre o entroido en Galicia, non sei se sería mellor mover o contido actual a Entroido en Galicia, suprimir de alí o que non se axeite ao título e crear de novo o artigo entroido co que de xeral haxa no actual artigo para a partir de aí amplialo coa historia do entroido, coas características xerais e coas diversas tradicións de entroido nos diferentes territorios.--Sernostri (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 17:04 (UTC)
- Por suposto, o artigo de Entroido en Galicia ten entidade máis que dabondo para ser un artigo independente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 21:39 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Entroido. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20160305000716/http://andarela.blogaliza.org/2010/02/10/o-entroido/ á ligazón http://andarela.blogaliza.org/2010/02/10/o-entroido/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de setembro de 2018 ás 12:24 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (outubro 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Entroido. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20071117092647/http://www.santiagodecompostela.org/turismo/interior.php?txt=t_antroido&lg=gal á ligazón http://www.santiagodecompostela.org/turismo/interior.php?txt=t_antroido&lg=gal
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de outubro de 2018 ás 00:16 (UTC)