Conversa:Ectoderma

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

*Ectodermo vs Ectoderma[editar a fonte]

O termo ectodermo en galego é incorrecto (é un calco do castelán), o mesmo que endodermo e mesodermo; debido á súa etimoloxía, das formas prefixas gregas ecto- (de εκτός 'fóra', 'afora'), endo- (de ένδον, 'dentro') e meso- (de μέσος 'medio', 'que está no medio'), e nos tres casos o segundo compoñente δέρμα, que se trascribe en latín como derma, o correcto son as formas rematadas en -a, sendo o seu xenéro gramatical mesculino: o ectoderma, o endoderma, o mesoderma. Este criterio etimolóxico foi tido en conta pola RAG (aínda que no seu dicinoario non se inclúen as etimoloxías), e así podemos ver ectoderma s.m., endoderma s.m. e mesoderma s.m..

Os únicos derivados de δέρμα rematados en -e son epiderme (a capa máis superior da pel humana e, por extensión, doutros seres vivos), que non é un tecnicismo recente, senón que entrou nos idiomas modernos a través do latín epidermis, que a tomou do grego επιδερμίς (de επί epí, 'sobre', e δέρμα dérma, 'pel') e os seus derivados, e que segundo as NOMIG, por tratarse dun termo de orixe grega rematado en -is, debe rematar en galego en -e, e ser de xénero feminino, a así vemos no dicionatoio da RAG epiderme s.f.

Un caso especial é o de derme ou derma, a segunda capa da pel. A forma correcta en galego, segundo as regras de adaptación de cultismos, debría ser derma, masculino, igual que en catalán e italiano (en portugués e en inglés tamén se admite esta variante), xa que non deriva dunha palabra grega rematada en -is. A outra forma, derme, que debemos admitir por ser a que figura no DRAG (derme s.f.), seguramente está influída, nos idiomas nos que a utilizan, como o portugués (ou a súa equivalente dermis, en alemán, inglés e castelán), por epiderme: sería, talvez, un apócope de epiderme e, por iso, feminino. En todo caso, en todos os idiomas, incluído o galego, dise hipoderma (a 3ª capa da pel), e non hipoderme (hipoderma s.m.).--XoioÉche o que hai 21:35, 15 de setembro de 2012 (UTC)

Pois si, de acordo, a explicación é moi convincente. Non o sabía. Tereino en conta a partir de agora. Pero en cambio din paquidermo (DRAG) e, supoño, equinodermo (echinodermata, equinodermados en portugués), e quizais ostracodermo, placodermo, peridermo, etc. Os portugueses din a hipoderme (polo que non é "en todos os idiomas"). En inglés para os tecidos de plantas din rhizodermis, exodermis, endodermis, hypodermis, etc. e parece que o toman dun étimo grego acabado en is.--Miguelferig (conversa) 19:57, 16 de setembro de 2012 (UTC)
Por certo, xa fixen a páxina hipoderma (ver a conversa desa páxina).--Miguelferig (conversa) 20 de decembro de 2012 ás 20:51 (UTC)[responder]

Ortografía[editar a fonte]

Revertín os cambios de diferencia (do verbo diferenciar) por diferenza, e de pelo por cabelo. Estaban mal corrixidos. Diferencia do verbo diferenciar dise así (eu diferencio, ti diferencias, el diferencia...). Outra cousa é o nome diferenza, que se diría así, pero non se estaba usando como nome no artigo, senón como verbo. En canto a cabelo e pelo, o significado de cabelo é máis restrinxido, porque son só os pelos da cabeza. Pelo ten un significado máis xeral (da cabeza, do corpo, do pube, do nariz, das orellas...) e eu estaba usándoo precisamente no seu significado máis xeral.--Miguelferig (conversa) 8 de febreiro de 2013 ás 21:44 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Ectoderma. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 10:37 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Ectoderma. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de outubro de 2019 ás 01:03 (UTC)[responder]