Conversa:Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Dunas de Corrubedo»)

Untitled[editar a fonte]

É preciso revisar o seguinte texto (eu non dou): Algunhas tan escasas coma o chorlitejo patinegro conviven con chorlitos, andarríos, ostreros, zarapitos, agujas, na plaia e nos chans de fango; Non é infrecuente observar aves mariñas de paso como cormorans, alcatraces, negróns ou pardelas.--Lmbuga Commons - Galipedia 17:05, 19 agosto 2006 (UTC)


Revisei o texto cos nomes galegos desas aves.--Margoz 18:21, 1 febreiro 2007 (UTC)

Fotos das aves[editar a fonte]

Estou en total desacordo con que se coloquen nas páxinas dos lugares imaxes de animais que, inda que poidan acharse neses lugares, fosen tiradas noutros sitios.

No artigo pódese colocar onome do animal con ligazón á páxina en que este se encontra. Ese é o lugar para poñer calquera imaxe dese animal. Na páxina do lugar só caben imaxes tiradas no lugar. O demais é falsear a realidade-- Lmbuga / Conversa comigo  16:31, 26 novembro 2008 (UTC)

Eu tampouco penso que sexa correcto ter no artigo fotos tiradas noutros lugares. Saúdos, Miguel.lima 21:26, 3 decembro 2008 (UTC)

Situación real das dunas[editar a fonte]

No artigo hai un erro: aínda que o parque teña por nome Parque dunar de Corrubedo a meirande parte del (como as dunas ou as lagoas de Carregal e Vixán) pertence a parroquias estremeiras como Santa María de Olveira e San Paio de Carreira, xa que logo, as informacións da flora e das fotografías non poden facer alusión á parroquia de Corrubedo senón ao propio parque. Ademáis devería informarse da localización real das dunas para non caer no erro de asociar o nome do parque ao emplazamento das dunas. Pido que se fagan as correccións oportunas. Se precisan probas da veracidade do que digo direilles que na wikipedia en castelán o artigo chámase Dunas de Olveira y lagunas de Carregal y Vixán e que non fai falta nada máis que mirar un mapa da división parroquial para ver que as dunas están territorialmente en Olveira. (O anterior comentario fíxoo o usuario Alenlugo o 1 de decembro de 2011, pero esqueceu asinar.)

  • Polo que vexo non procede facer ningún cambio (aínda que caben tódalas ampliacións que queiramos facer, por suposto). O espazo protexido recibe, como noutros casos, denominacións distintas segundo a figura de protección:
    • Complexo Litoral de Corrubedo (ZEPA).
    • Complexo Húmido de Corrubedo (LIC)
    • Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (Parque Natural)
    • Complexo de Corrubedo (Humidal de importancia internacional Ramsar)
    • Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo (Humidal protexido)
  • Todas estas denominacións están tomadas do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (Consellería do Medio Rural, 26 xaneiro 2011). Como vedes, a denominación común fai referencia a Corrubedo, non a Olveira nin a Carreira. Como temos que utilizar unha única forma para o título, a escolla semella a máis común, a máis usual, a que calquera usuario coñece. Nótese tamén que no artigo non se localiza por ningures o espazo na parroquia de Corrubedo, senón no concello de Ribeira. Pedro --Lameiro (conversa) 21:35, 1 de decembro de 2011 (UTC)
Entendo que o principal recoñecemento que se lle deu (tamén no ámbito lexislativo) foi o de "parque natural" no 1993. Así que ese e mailo nome co que a Xunta de Galicia se refire ao espazo natural penso que teñen preferencia. Menciono que o primeiro decreto foi: "Decreto 148/1992, do 5 de xuño, polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Complexo Dunar Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (DOG nº 114, do 16 de xuño de 1992). Concordo que con só dicir Corrubedo exclúese a área litoral e as lagoas. "Dunas de Corrubedo" é un elemento xeolóxico do parque, mais non o único (vd. p.ex. illa de Sálvora e a área mariña do LIC).Mgl.branco (conversa) 5 de xullo de 2017 ás 22:43 (UTC)[responder]
Movo a páxina a "Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán". É o nome que recibe o "parque natural": o maior recoñecemento legal que recoñece este espazo natural. As dunas (título actual: "Dunas de Corrubedo") é un elemento xeolóxico máis do espazo natural. Se alguén coñece ben a zona, por favor, que indique 1) en que lugares e parroquias está cada elemento do parque e se quere 2) que cree unha sección ou artigo propio describindo o que son as dunas. Mgl.branco (conversa) 27 de outubro de 2017 ás 18:06 (UTC)[responder]

Localización correcta[editar a fonte]

Olla no apartado Fauna: "Corrubedo destaca pola súa gran riqueza faunística ..." Coido que iso si que fai referencia á parroquia e non ao parque, non si?

Velaquí unha proba verificábel do erro que estou a salientar:

http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/a-duna-de-corrubedo-e-de-olveira/idEdicion-2010-02-14/idNoticia-516322/ —o anterior comentario sen asinar foi feito por Alenlugo (conversacontribucións)

  • Alenlugo: desfixen os teus cambios na denominación do parque porque o nome que lle dás non está referenciado fronte a calquera dos que che din eu antes. Non hai problema en cambiar "Corrubedo" por "O parque" nesa frase que citas qínda que, persoalmente creo que non expresa parroquia senón unha apócope de "Dunas de Corrubedo". Os veciños de Olveira podedes reivindicar o cambio do nome onde queirades e non serei eu que vos discuta nin razóns nin dereitos, pero non aquí: a Galipedia non será nunca unha plataforma reivindicativa senón unha enciclopedia que recolla feitos referenciados. Cando convenzades ó Ministerio e á Consellería de que o nome é erróneo, e o cambien nas publicacións oficiais, entón será o momento de cambiar aquí o título e o texto. Non antes. Entende que este é o funcionamento da Galipedia e que nada do que digo pon en dúbida as túas razóns, para as que non teño opinión formada. Non volvas cambiar o artigo, por favor. Pedro --Lameiro (conversa) 23:10, 1 de decembro de 2011 (UTC)
Subscribo cada palabra dita por Lameiro. Alenlugo, se quedas con algunha dúbida mira isto, que o explica bastante ben. Un saúdo e a seguir colaborando. --Atobar (conversa comigo) 00:07, 2 de decembro de 2011 (UTC)

AHÍ UN ERROR[editar a fonte]

HOLA, QUERÍA DECIR QUE EN ESTE ARTICULO HAI UN PEQUEÑO ERROR... LAS DUNAS SON DE OLVEIRA, EL LUGAR EN EL QUE REALMENTE ESTÁN SITUADAS ES LA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE OLVEIRA (RIBEIRA) NO COMO PONE EN ESTE EQUIVOCO ALTICULO "Dunas de Corrubedo", EN TODOS LOS CARTELES, MAPAS, INDICADORES Y DEMÁS LUGARES DONDE APARECE ESTE COMÚN ERROR ESTÁN EQUIVOCADOS. LAS DUNAS Y LA MARISMA PERTENECEN A OLVEIRA, NO A CORRUBEDO. POR FAVOR ME GUSTARÍA MUCHO QUE LA WIKIPEDIA NO COMETIERA LA SEMEJANTE ATROCIDAD DE LLAMAR AL COMPLEJO DUNAR DE OLVEIRA, "dunas de corrubedo" PORQUE ES UNA OFENSA PARA TODOS LOS HABITANTES DE OLVEIRA, ME AGRADARÍA MUCHO QUE CAMBIARAN EL ARTICULO Y DEMÁS LUGARES DONDE EL PARQUE NATURAL DE OLVEIRA SALE COMO "parque natural de Corrubedo". Y POCO A POCO CONSEGUIR CAMBIAR TODOS LOS SITIOS DONDE LAS DUNAS DE OLVEIRA APRACEREN COMO "dunas de Corrubedo" PORQUE ES INCORRECTO, EL LUGAR REAL DONDE ESTA SITUADO EL PARQUE NATURAL ES OLVEIRA. MUCHAS GRACIAS. UN SALUDO--DeLia.oLveiiRa 15:42, 4 de decembro de 2011 (UTC)

  • O erro é teu, e está explicado con detalle máis arriba. Non sigas nesta lideira nas páxinas da Galipedia que non é o lugar. Pedro --Lameiro (conversa) 18:28, 4 de decembro de 2011 (UTC)