Conversa:Doma y castración del Reino de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Señor@s,

É preciso delimitar cales son as palabras de Castelao e cales as de Zurita. Non perdan credibilidade dicindo que Zurita escrebeu "doma y castración", porque só dixo "doma". A "castración" é unha adición de Castelao que se fixo célebre con posterioridade, mais non corresponde coas palabras textuais da cita orixinal. Sexan escrupulosos con isto, pois a historiografía galega non pode permitirse esta clase de erros e inexactitudes. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Exiled999 (conversacontribucións) 22:40, 5 de outubro de 2010

Unha das virtudes da Wikipedia é que todo usuario que teña algo coque mellorala pode facelo con só premer o botón de editar. Síntase libre de facelo vostede mesmo e toda a comunidade quedaralle moi agradecido. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:11, 5 de outubro de 2010 (UTC)
Efectivamente, todo o que veña con referencias que os demais podamos contrastar é susceptíbel de ser modificado. Con respecto á historiografía, os erros non pode nin permitilos a galega nin permitilos a española nin permitilos a guatemalteca. --Atobar (conversa comigo) 21:48, 5 de outubro de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Doma y castración del Reino de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de outubro de 2019 ás 23:59 (UTC)