Conversa:Ditadura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O RAG sò ten dictadura, non atopei nil ditadura ???[editar a fonte]

O RAG sò ten dictadura, non atopei nil ditadura ??? --Elvira (conversa comigo) 00:00, 20 de xullo de 2011 (UTC)

  • É ditadura, Elvire. Sen o C. Antes da reforma de 2003 si o levaba, pero os grupos consonánticos ct mudaron -"actualizáronse"- nun bo número de casos; supoño que estás a miralo nun dicionario obsoleto que anda pola rede e que non vale (este de 1997, se cadra?). Onde cómpre revisar é no VOLGA, aquí. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:19, 20 de xullo de 2011 (UTC)
  • Gracias, vou corrixir onde mrtin a pata. (Terei que mercar un RAG ao dìa D:)--Elvira (conversa comigo) 00:21, 20 de xullo de 2011 (UTC)
De nada. Non o podes mercar porque aínda non o hai. A maior pexa que ten hoxe a academia é a falla dun dicionario actualizado, pero no seu defecto temos o Gran Xerais que saíu agora vai para un par de anos, e ten nada menos que cento e pico mil entradas (o da RAG seica virá só con entre 50 e 80 mil). Entrementres, tira do VOLGA, que é oficial, e mais do DiGalego, que si está actualizado. --Atobar (conversa comigo) 00:27, 20 de xullo de 2011 (UTC)

en uso[editar a fonte]

Perdón, non vin o cartel "en uso", ou foi posto entre que lle din a "editar" e a "publicar". Face-blush.svg --. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2020 ás 22:29 (UTC)

Tranquilo, non interferiches Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de febreiro de 2020 ás 17:16 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ditadura. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de febreiro de 2020 ás 03:32 (UTC)