Conversa:Día dos enganos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No Morrazo ten moita tradición e coñécese como Día dos Burros. Cando caes no engano, dise que che "meteron un burro" e pódenche chamar "burro".—o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.35.196.208 (conversacontribucións) 1 de abril de 2013 ás 18:57‎

Se achegas referencias de fontes axeitadas que respalden esa información poderemos engadila no artigo, ou se te animas poderías facelo ti mesmo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2013 ás 08:36 (UTC)[responder]

Resumo de inocentadas[editar a fonte]

Teño moitas dúbidas sobre a pertinencia neste artigo das inocentadas que promoven un par de asociacións, ano a ano, polo día dos enganos. Vou marcar o artigo como problemático, porque preferiría o apoio de alguén máis antes de borrar os datos. Creo que ten pouco valor enciclopédico (ou nulo) e son referencias dos propios medios: é dicir, podería ser enciclopédico ca unha "inocentada" chegase a ter un impacto grande e polo tanto, que fose recollida por medios alleos ao orixinal, que se fixesen eco dela, de forma seria ou en broma. Pero recoller inocentadas sen máis, de asociacións e medios particulares, creo que non é o axeitado. --Xabier Cid Talk 2 me, please 10 de abril de 2015 ás 16:15 (UTC)[responder]

Concordo contigo Xabier, o artigo necesita un bo repaso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2015 ás 00:14 (UTC)[responder]
Borrar --. HombreDHojalata.conversa 11 de abril de 2015 ás 08:51 (UTC)[responder]
Feito! Feito!, quitei ese apartado porque non achegaba máis información ó tema do artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xuño de 2015 ás 12:29 (UTC)[responder]