Conversa:Cristovo Colón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Nun artigo tan curto ver tantas hipóteses pouco fundamentadas, e sen case predicamento entre os historiadores, dá mágoa, menos mal que non está a teoría que era fillo dun Papa--RNC 21:00, 4 xaneiro 2010 (UTC)

As teses que se expoñan sobre Colón no artigo deben ter o apoio de alguén (historiadores por exemplos) máis que o do propio autor que escriba un traballo dicindo que Colón naceu en tal sitio, o artigo corría o perigo de se converter nunha atracción de feira.--RNC 21:12, 4 xaneiro 2010 (UTC)
A Universidade de Santiago apoya as actividades vinculadas a teoria de Colon galego. ¿e dabondo? http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/06/25/universidad-santiago-apoyara-actividades/1047571.html

O artigo de Cristovo Colón debe recoller as hipóteses galegas de Colón, como fan en Cataluña. Así pouco favor se lle fai as teses de Cristovo Colón.Coruñes 21:26, 4 xaneiro 2010 (UTC)Coruñes O que estás a facer chámase censura e está moi lonxe do espíritu da wikipedia, a hipótese de Marcos Castro Vilas é moi coñecida en Dubra e foi publicada no importante xornal do Correo Gallego, logo xa non é unha fonte primaria.Coruñes 21:29, 4 xaneiro 2010 (UTC)coruñes

Claro claro o estudo de Martinho Montero Santalha aparece porque é do gremioCoruñes 21:34, 4 xaneiro 2010 (UTC)coruñes

  • Non sei dende cando El Correo Gallego publica teses de historia. Seriedade, coruñés, por favor. De censura nadiña; rigorosidade. Isto non é a prensa rosa nin o catálogo de ruxerruxes. Con todo, se achegas referencias de publicación especializadas e veñen co respaldo da comunidade de expertos, non vexo por que non poñer que era de Betanzos, de Dubra ou da Conchinchina. Outra cousa: están de máis as faltas de respecto. Un saúdo e ao choio. --Atobar (conversa comigo) 21:36, 4 xaneiro 2010 (UTC)
Que historiadores galegos din que Colón era ou podería ser galego e do Dubra, despois de responder a esa pregunta seguimos a falar.--RNC 21:39, 4 xaneiro 2010 (UTC)
Non me fixara no que dicías enriba, a Galipedia só debe recoller as hipóteses refrendadas pola comunidade científica, ou por unha parte significativa, non por ser a Galipedia en lingua galega imos dar cabida a hipóteses que carezan dun mínimo rigor só polo onanismo de dicir que naceu en Galicia ou no Dubra.--RNC 21:47, 4 xaneiro 2010 (UTC)

O que hai que oír , dicir que non está fundamentada a tese de Dubra , en fin, como se nota que non coñeces a tese do catalán Jordi Bilbeny para falar de fundamentos, e menudo predicamento ten na wikipedia. Repito a túa ignorancia fai chamar onanista a hipótese máis sólida que caeu nas mans de Marcial Castro e Jose Antonio Lorente Acosta do proxecto ADN Colón. Dito polo propio Marcial Castro.Coruñes 21:57, 4 xaneiro 2010 (UTC)coruñes

  • Eu considero que estas hipóteses da patria de Colón non están de máis (tamén concordo en que debe haber máis espazo do verificado que de hipóteses); de todas as maneiras, non son hipóteses calquera (hai publicacións de historiadores, de varios, e aquí non están todas recollidas) e que Colón puxera máis de 80 nomes a portos de América que coincidan con outros tantos da ría de Pontevedra non parece unha coincidencia (máis de oitenta, eh), entre outros fundamentos. Outra tema é que se amplíe o artigo con máis datos, co cal estou de acordo. --Xoán Carlos Fraga 17:41, 23 de abril de 2010 (UTC)

Puntualización[editar a fonte]

Hai que sinalar que tanto Rodrigo Cota, como Alfonso Philippot, coma Modesto Doval, non son historiadores nin profesionais nin titulados. Eso explica que a súa hipótese de identificar a figura de Cristóbal Colón con Pedro Madruga apenas recibira apoio algún pola Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Coruñes (conversacontribucións) 26 de outubro de 2013 ás 21:02‎

Claro, como Cavendish non estaba titulado en Física nin en Química, non existe a constante de gravitación universal. ¡dende logo...ai cada un! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Duarte123 (conversacontribucións) 24 de agosto de 2015 ás 10:07 ---


Coido que onde pon: 'A chegada de Colón a Portugal débese a que era o representante dos Centurione, que tiñan negocios cos países atlánticos. '

debería por:'A chegada de Colombo a Portugal débese a que era o representante dos Centurione, que tiñan negocios cos países atlánticos.'

E muito mais que provable que o Cristoforo Colombo genoves non teña nada que ver co Cristobal Colon histórico.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.61.38.82 (conversacontribucións) 13 de novembro de 2013 ás 14:38

Orixe[editar a fonte]

Agora no artigo hai moitas hipóteses secundarias sobre a orixe pero eu creo que por que houbese un historiador que achegase unha hipótese non é suficente para poñela no artigo, só se deberían manter aquelas que ou ben conten con apoio doutros historiadores ou que outros historiadores considerasen hipóteses fundamentadas aínda que non a compartisen. Agora mesmo ata figura a tese de Nito Verdera que non é historiador e que eu saiba non conta con predicamento ningún na comunidade historiográfica (non falo loxicamente de escritores de misterios da historia, que son lexión pero carecen de creto na comunidade de historiadores)--Sernostri (conversa) 23 de maio de 2014 ás 14:46 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Cristovo Colón. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 03:36 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (xullo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Cristovo Colón. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de xullo de 2019 ás 15:30 (UTC)