Conversa:Coroa de marqués

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Aproveitando que o léxico da heráldica galega é pouco coñecida penso que non é mala idea procurar nas fontes se as palabras que se utilizan aquí son as apropiadas, así como este texto está traducido do castelán figura toucado, que no caso do castelán tocado segundo o dicionario da RAE pode ser unha prenda coa que se cobre a cabeza pero nos dicionarios galegos na rede refírese sempre ao adorno ou forma que peitearse as mulleres e non se refire nunca a un chapeu, pucha nin coroa. Non sei se os dicionarios máis modernos como o Gran Xerais manteñen esta liña.--Cheluco 15:02, 25 de novembro de 2010 (UTC)

Toucado: 1. Peitado, forma de arranxar o pelo. 2. Adorno que se leva no pelo. (Gran Xerais, 2009)
Tocado: 1. Prenda con que se cubre la cabeza. 2. Peinado y adorno de la cabeza, en las mujeres. 3. Juego de cintas de color, encajes y otros adornos, para tocarse una mujer. (DRAE)
Tocado > toucado: 1) como prenda que cobra a cabeza 2) como peiteado 3) arranxo persoal das mulleres. (Diccionario Xerais Castelán-Galego de usos, frases e sinónimos, 1990)
Non vexo que problema hai. Aquí hai máis[1]. E se alguén sabe de dicionarios de heráldica, que engada a ligazón aos recursos útiles, por favor. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:17, 25 de novembro de 2010 (UTC)
Non entendín ben, as definicións do dicionario de dicionarios falan do peiteado da muller, e si remiten ao tocado castelán pero é que nas edicións antigas do DRAE o tocado definíase como un adorno, despois mudou, non sei exactamente cando, o Gran Xerais defíneo como o adorno que se leva no pelo, unha coroa nin un chapeu non se leva no pelo lévase na cabeza, é un pequeno matiz. Entón a referencia que indica que toucado é prenda que cobre a cabeza é o Xerais Castelán-Galego de usos de 1990 pero non o Gran Xerais.--Cheluco 15:33, 25 de novembro de 2010 (UTC)
Efectivamente. Eu persoalmente tamén daría por boa a segunda acepción do Gran Xerais (a coroa non se leva colgando dunha orella -parte da cabeza- senón sobre o pelo, pero que pasa cos pelouros? En fin, estes matices son o conto de nunca acabar). --Atobar (conversa comigo) 15:37, 25 de novembro de 2010 (UTC)
Como exemplo no portugués: toucado nos seus dicionarios é "Qualquer adorno na cabeça (da mulher)" ou levar touca ou toucado, e unha touca ou toucado é "Cobertura ténue de cabeça de mulher ou criança" ou "Faixa que se enrola na cabeça para formar o turbante"; eu entendo que se o leva no pelo é un adorno pero se o leva cubrindo a cabeza xa é unha prenda, pero en fin, é cuestión de matices. O novo DRAG está por saír, quizais saiamos de dúbidas segundo como o defina.--Cheluco 15:49, 25 de novembro de 2010 (UTC)
Entrementres, queda así[2]. --Atobar (conversa comigo) 15:58, 25 de novembro de 2010 (UTC)

Mudei insignia por timbre, porque é o termo heráldico, pero claro, non o podo referenciar, así que queda o cambio en precario. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:46, 25 de novembro de 2010 (UTC)