Conversa:Coral (animal)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Coral (animal). Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de agosto de 2018 ás 09:35 (UTC)[responder]

Supresión[editar a fonte]

Considero que esta páxina debería suprimirse, xa que existe outra, máis extensa e actualizada, Antozoos (ou, en todo caso, refundirse con aquela). Por outra parte, de facerse isto, habería que modificar as ligazóns Coral (animal). Ademais, segundo o Dicionario da RAG, o "único" coral animal é a especie Corallium rubrum.[1] (Artigo que decontado editarei). --XoioÉche o que hai 18 de agosto de 2020 ás 21:54 (UTC)[responder]

Ola, Xoio. O dicionario DiGalego on line define coral así: "Colonia de antozoos formada por pequenos pólipos dispostos nunha matriz que eles mesmos segregan e que persiste logo da morte dos animais. Distribúense no Índico, no Pacífico e no Atlántico, onde constitúen un dos ecosistemas máis produtivos do planeta á vez que atesouran unha altísima biodiversidade." (ver). Esta é unha definición de coral moito máis correcta que a do DRAG, a cal supoño acabarán cambiando. As definicións do DRAG en zooloxía ás veces non son moi correctas e con frecuencia as cambian, pero poden servir como norma de autoridade para a ortografía e forma do termo. Na definición do DiGalego faise referencia á característica do coral de ter unha matriz que permanece despois da morte do animal, pero hai corais duros e "brandos". Os corais son antozoos, aínda que os hidrozoos do xénero Millepora poden tamén formar estruturas como as dos corais, aínda que neste caso teñen fase de pólipo e de medusa. Na miña opinión penso que o lóxico é poñer todas as características anatómicas, clasificación, etc na páxina antozoos. Ademais, converter a propia páxina coral (animal) nunha redirección que remita a antozoos, polo que se é por min eu suprimiría o seu texto (redundante con antozoos), pero si que mantería o termo como redirección (en forma de coral (animal)) para poder facer ligazóns e porque é un termo moi usado que hai que ter e ten que saír no buscador, porque moita xente o buscará como "coral". Na páxina dos antozoos, nalgunha sección, habería que explicar o que é o termo coral, que son os corais duros, brandos, córneos, pétreos, espiñosos, formadores de arrecifes, non formadores de arrecifes, coloniais ou non, etc. e se acaso comentar algo sobre Millepora e as súas diferenzas cos antozoos. Tamén boto en falta unha páxina coral (xoieria) como artigo de adorno ou xoiería.--Miguelferig (conversa) 23 de agosto de 2020 ás 15:36 (UTC)[responder]
Ola Miguelferig. Grazas pola contestación. De acordo con que no DRAG as defincións en zooloxía ás veces non son moi correctas (eu mesmo teño solicitado algúns cambios, que algunhas veces os lexicógrafos da Academia aceptaron, e outras non) Tampouco a definición do dicionario DiGalego é moi feliz, na miña opinión. Non entendín ben o da redirección (non son "administrador"), pero ti verás. Teño que ver como incluír en Antozoos o que dis do termo "coral". E tamén botei en falta a páxina Coral (xoieria) (e tamén, quizais, unha Coral (cor)). Moitas grazas por todo. Unha aperta. --XoioÉche o que hai 23 de agosto de 2020 ás 16:13 (UTC)[responder]
Pois o da redirección é moi simple. Hai que entrar na páxina coral (animal), darlle a editar, borrar todo o texto que ten (vai quedar todo en branco) e no seu sitio escribir redirección:Antozoos (co formato adecuado). Despois os administradores terán que borrar ou trasladar ou o que haxa que facer a páxina de conversa, que non sei como se fai iso. Igual teñen que borrar toda a páxina primeiro e despois creala, iso xa non sei. Tamén haberá que ver como se fai con wikidata.--Miguelferig (conversa) 23 de agosto de 2020 ás 16:21 (UTC)[responder]
Boas Xoio e Miguelferig, eu teño unha visión diferente neste caso, consultei as interwikis e en inglés e en castelán teñen artigos diferentes para as dúas cousas, coral e Antozoos, a maiores teñen unha páxina es:Coral (desambiguación) que nós temos na páxina Coral. A miña proposta sería mover a páxina Coral a Coral (homónimos) para agrupar nela eses termos, e o artigo "Coral (animal)" movelo a "Coral" quitándolle a ficha lateral como fan na wiki en inglés para que non se confunda cunha especie. No artigo Coral habería que comentar aspectos xerais destas especies e a súa relevancia como grupo nos diferentes campos, como se fai no artigo en inglés. Creo que tamén sería interesante engadir o apuntamento que se fai na wiki en castelán "El término «coral» no tiene significado taxonómico y bajo él se incluyen diferentes tipos de organismos." Tamén o que faría sería redirixir dende "Coral (animal)" ó novo artigo Coral para que os artigos que agora apunten a el vaian ó novo contido. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de agosto de 2020 ás 10:57 (UTC)[responder]
Si, pero o problema é que na páxina coral poñen a caixa taxobox como se fosen antozoos, e a páxina trátase como se fose a de antozoos. Entón son páxinas redundantes e de aí vén o problema.--Miguelferig (conversa) 24 de agosto de 2020 ás 11:37 (UTC)[responder]
Esta tarde-noite reformei totalmente o artigo. A ver que vos parece. Quizis podería amplialo un pouco más na sección "Os corais". Queda pendente o posíbel cambio nas redireccións. --XoioÉche o que hai 25 de agosto de 2020 ás 00:17 (UTC)[responder]
Miguelferig, na versión inglesa non teñen a caixa, que creo que é o máis correcto para non levar a confusións, e tratan o artigo como grupo de especies, indicando cousas xerais, falan de corais duros e brandos, alimentación, reproducción, arrecifes, relacións coas persoas, etc, pero pode simplificarse algo máis. Algúns contidos vanse solapar cos de antozoos, pero outros non, por exemplo en inglés en antozoos falan da filoxenia que non ten sentido comentar no artigo coral...
Xoio, pola noitiña botareille unha ollada ó artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de agosto de 2020 ás 09:16 (UTC)[responder]
Está moi ben agora, os contidos non se solapan con antozoos. Eu poñería no encabezamento do artigo o tipo de animal que forma o coral, é dicir, que case todos son antozoos. Tamén se pode poñer un aviso ao principio co modelo Outros homónimos que indique que a información zoolóxica destes animais está na páxina antozoos.--Miguelferig (conversa) 25 de agosto de 2020 ás 10:47 (UTC)[responder]