Conversa:Concellos de Suecia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

concellos[editar a fonte]

Ola, @Beninho. Paréceche mover esta páxina a concellos de Suecia? Municipio é tamén palabra válida, pero o termo máis estándar e común en galego é "concello". Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de setembro de 2022 ás 14:57 (UTC)[responder]

Boas, @Xabier Cid. Penseino, pero non sei se será xa un pouco tarde porque xa creei cento e pico artigos co nome "municipio". Se a nivel técnico non é complicado, por min adiante. Beninho (conversa) 13 de setembro de 2022 ás 15:09 (UTC)[responder]
Entendo. Se o chego a saber miro para outro lado, :D :D Creo que é traballo, pero non tantísimo. Pero acumúlanseme as cousas, que teño aínda pendente unha movida de fútbol do outro día... Boeno, coúpome dos traslados ao longo desta semana. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de setembro de 2022 ás 16:28 (UTC)[responder]
Ola de novo, @Beninho. Empecei a mover os concellos... e a realidade levou a que lle dese unhas cantas voltas máis, a verdade. Estiven mirando e os concellos son pouco máis cás cidades e os seus arrabaldos, cunha función administrativa e política, e pouco máis. En paralelo, estiven pensando se deberiamos chamarlle 'concello', ou 'comuna' ou algo semellante. As italianas chamámoslle comunas, pero despois falamos de concellos. Ás da Costa do Marfil chamámoslle comunas. Ás de Angola chamámoslle comunas, pero logo falamos de concello. Ás de Francia chamámoslles concellos, pero logo ás veces falamos de comunas... e outras de concellos. A RAG non fala de comunas, nin o Xerais tampouco (ou sexa, si falan de comuna, pero non con este significado).

Así que o meu plan é

  1. Reverter os cambios que fixen.
  2. mudar o artigo xenérico Municipios de Suecia a Concellos de Suecia.
  3. mover os contidos da categoría Municipios de Suecia á categoría concellos de Suecia.
  4. mudar os Xborg (municipio) a Concello de Xborg, agás nos casos, como Ale, onde non haxa un lugar que se chame así (e así temos Guipúscoa, e non provincia de Guipúscoa).
  5. empezar a puír todas as 'comunas' que temos por aí.

Pero isto vai levar tempo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de setembro de 2022 ás 19:34 (UTC)[responder]