Conversa:Concello de Kalix

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, @Xabier Cid. O concello ten 15 000 habitantes, non 700. Coido que é mellor deixar o nome anterior e deixar este para a localidade. Que opinas? Beninho (conversa) 13 de setembro de 2022 ás 15:53 (UTC)[responder]

Si, o dos 700 / 15 700 foi erro meu, e sei de onde veu. Con respecto ao título do artigo, entendo que non. Cando son entidades maiores cós concellos, a regra é poñermos o nome diante. Por exemplo, Provincia de Ourense, e non Ourense (provincia). Cando chegamos ao nivel dos concellos, o nome base é o concello, e cando temos que ir debullando distintos lugares e parroquias homónimas por baixo facémolo con repetición, tipo Coles, Coles (hai exemplos de tres, pero agora non me acorda ningún). Non desboto que empecemos a facer artigos de entidades inframunicipais en Suecia ou en Quenia, pero nese caso deberiamos seguir o mesmo criterio có aplicado en Galicia. Entendo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de setembro de 2022 ás 16:26 (UTC)[responder]