Conversa:Christian von Maltzahn

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Esa nota indicando cal foi a causa da súa morte pode ser polémica. Por que neste caso se especifica, cando na grande maioría de casos non se fai? Alguén con "mala leche" xa querería ver unha actitude homófoba baseada nunha suposta relación causa-efecto entre homosexualidade e SIDA por parte do autor. Penso que sería mellor eliminala. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 14:43, 9 de novembro de 2011 (UTC)

  • Por min non hai problema. É só que lendo o artigo en es.wiki e de.wiki vin que daban ese dato, e tratei de incluílo no básico aquí sen modificar o formato do cabezallo (nado en.. finado en..., sen as causas). Unha opción é quitalo, outra é engadir máis contido e que se disperse aí, caso de estar algúen polo labor. --Atobar (conversa comigo) 14:55, 9 de novembro de 2011 (UTC)