Conversa:Castro de Viladonga
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
dereitos[editar a fonte]
Non dou atopado que tipo de licenza ten ista páxina web Sobre o castro de Viladonga, pero a cabeceira do artigo é unha copia do texto da páxina. ElviraConversa comigo 19:15, 19 outubro 2008 (UTC)
Sobre a licenza deberías preguntarlle ao administrador Banjo que foi quen iniciou o artigo con isa frase. Lansbricae (Ti dirás) 07:58, 20 outubro 2008 (UTC). Si se comproba o contido da primeira edición pódese ver que é unha copia de toda a páxina que apuntas, non só a primeira frase. Lansbricae (Ti dirás) 22:20, 20 outubro 2008 (UTC)
- Ola Lansbricae.
Teño presa, pero o asunto dos castros importame moito. Penso que vés para colaborar:
- o usuario Banjo se tén que decir algo xa o dirá : xa fai moito tempo (decembro do 2006) quil comezou iste artigo. Eu ata fai pouco dicia de onde copiaba por dar o informe e non pensando no problema da licenza. Fai pouco tempo que doume conta que isto é un problema para os proxectos wikis e na rede en xeral.
- agora temos iste artigo en tres proxectos, en gl e en pt con copia doutro sitio web e co problema da licenza pendente, tamén temos o artigo en fr, mais curto pero redactado polo usuario que editou, e polo tanto sen problema.
- se alguén sabe recoller a licenza e que é libre de direitos, poís ise usuario pón iso no artigo de gl e de pt e deixa o texto como esta, debemos resolver o asunto.
- se ocurre que ai direitos poís temos que fazer outro texto para recuperar o informe.
- a ver si ti podes facer algo de colaborativo para gl e pt ?
- pola miña banda, se ninguén fai nada, intentarei de ver si podo adiantar durante a sema.
Saúdos ElviraConversa comigo 22:54, 20 outubro 2008 (UTC)
- Je, je. A paciencia é a mai das ciencias. Na wiki pt xa o solucionaron: grazas ao teu aviso de que todo o artigo era unha copia da páx web, cotexaron os contidos e eliminaron a aportación de Banjo que é a que infrinxe os dereitos de autor da páxina web. O aportado por mín ten a súa fonte embaixo na bibliografía, polo que calquera pode comprobar se é un copyvio ou non lendo o libro.
- No referente as colaboracións, ocúrrenseme dúas: colaborar en que se restituíse a boa imaxe dun editor acusado de ánimo de lucro, sen ningunha base, despois de máis de 3 anos traballando de valde no proxecto e coa xustificación de que non é quen de demostrar a súa inocencia (vid. w:es:El Proceso). (Nin que o argumento o escribira Miguel Mihura). E 2 aclarar os feitos ocorridos duramte esta expulsión por acoso a um administrador que levaron a unha especie de "Vo da morte" (vid. Guerra sucia en Arxentina) e os vivas do respetable tralo exterminio (O Bloqueo Final) do usuario Maañón. Se che interesa calquera dos dous temas aberto estou a falar deles. Saudos. Lansbricae (Ti dirás) 20:40, 21 outubro 2008 (UTC)
- Non vexo nada produtivo no que dís Lansbricae. No artigo de pt:Castro de Viladonga non hai ningún aporte de Banjo véxase o histórico das edicios, o primeiro que editou o texto sendo ti no 2008) ten a responsabilidade do que fixo, que sexa traducindo de gl ou direitamenta da web. O aviso que fixen só pretendia indicar "copia" encima do texto, collin un marcador por non falar portugués e non atopei marcador que dixera "parte do texto". Non teño nada maís que comentar na conversa diste artigo. ElviraConversa comigo 21:46, 21 outubro 2008 (UTC)
- Coincido contigo en que eu tampouco vexo nada produtivo no que dís. Menos productivo as distintas versións que apuntaches tamén na wiki en pt na que marcaches como copyvio o artigo a diferencia de aquí na gl. Creo que estás a trabucarte moito. Eu respondo das miñas edicións non das edicións dos demais. Durante bastante tempo nas miñas participacións na galipedia escollía ampliar artigos iniciados por outros pero con pouco contido: foi como cheguei a este do Castro de Viladonga. Seguindo o criterio da boa fe non comprobo se o escrito por outros editores é unha copia doutro sitio web ou publicación calquera, comprobo que sexa coherente co que eu dispoño. Respeto o existente e tento ampliar. Se ese artigo é despois traducido a outras wikis e se descubre con posterioridade que existe texto copiado integramente dunha web o responsable é quen fixo esa edición que infrinxe dereitos de autor. Este tipo de casos son os que fan que sexa importante cando se faga unha tradución ou adaptación dun artigo a outra wiki indicar de onde proceden os datos xa que permite evitar que unha edición non respetuosa cos dereitos de autor se propague polas wikis.
- Que pretendas que eu que traballei na ampliación do artigo e o levei a wiki en pt teña responsabilidade na edición feita por outro é estúpido xa que ninguén é coñecedor de todo o publicado sobre un tema determinado e a ninguén se lle pode esixir. E recorda presuma a boa fe. Que na galipedia o que apuntaches ao principio como que a primeira frase era igual que a web se consultas o historial implica que un administrador fixo un copyvio flagrante, e creo que nas wikis eso ten unha consecuencia. Iso é cousa vosa.
- Por certo. Coñezo a páxina de amigos do Museo de Viladonga desde fai moito tempo. É unha das webs pioneiras en poñer ao dispor a través do web documentos de acceso libre (aló por finais dos 90) polo que na actualidade ten gran cantidade de documentación sobre o mundo castrexo e Viladonga, polo que se quixera copiar textos colleríaos deses documentos e non da páxina resumo. Con Deus. Lansbricae (Ti dirás) 20:18, 22 outubro 2008 (UTC)
Habería que citar que no museo do castro e centro de interpretación están expostos os torques de Sarria --Nemigo (conversa) 13:24, 2 de xullo de 2012 (UTC)
- Pois adiante. Se hai referencias, cítao. A wikipedia é unh enciclopedia colaborativa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:29, 4 de xullo de 2012 (UTC)