Conversa:Quercus

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Carballo (árbore)»)

Untitled[editar a fonte]

Principalmente ola a todos

Eu penso que este artigo esta mal encabezado, cada especie de planta debería de ter un artigo dentro da categoría de botánica, encabezado co seu nome científico, porque este artigo leva a confusións: unha aciñeira non ten or nome vulgar carballo e sen embargo é do xénero Quercus. Eu inda non sei moi ben como funciona esto así que pido axuda para evitar este erro.

Gracias pola atención e saúde —o anterior comentario sen asinar foi feito por Francisco giron gesteira (conversacontribucións) 7 de setembro de 2006 ás 21:44

Si, efectivamente dá lugar a confusións, porque a maioría da xente pensa en carballo referíndose ao carballo común (Quercus robur), aínda que si podemos chamar carballo a calquera especie do xénero Quercus, incluída a sobreira e maila aciñeira. Con todo, o nome do artículo debería ser: Quercus, ou Xénero Quercus, ou Carballos.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 87.111.155.172 (conversacontribucións) 17 de febreiro de 2012 ás 13:17

De acordo. Na miña opinión o título do artigo debería ser, de acordo co seu contido, e coas normas da Galipedia, Quercus, xa que se refire a todas as especies do xénero, sexan carballos, aciñeiras, sobreiras ou outras. --XoioÉche o que hai 1 de xullo de 2020 ás 18:20 (UTC)[responder]
Non as teño todas comigo..., a RAG di que carballo son as árbores do xénero Quercus, quizais sería máis axeitado movelo a Carballo (xénero)... ti que dis Xoio? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2020 ás 22:33 (UTC)[responder]
E eu, académico correspondente, non as teño todas coa Academia. A familia das fagáceas, ademais do xénero Quercus, inclúe tamén aos xéneros Castanea, Castanopsis, Chrysolepis, Fagus, Lithocarpus, Nothofagus e Trigonobalanus, que eu saiba. Así que insisto no dito. --XoioÉche o que hai 2 de xullo de 2020 ás 00:11 (UTC)[responder]

Outra cousa: a proposta que ti fas, Carballo (xénero), é totalmente impropia; non hai ningún xénero Carballo. --XoioÉche o que hai 2 de xullo de 2020 ás 13:10 (UTC)[responder]

Vale, tes razón Xoio, neste caso hai que usar Quercus porque hai varias especies no xénero que non teñen o nome carballo e non son carballos, como dixeches arriba. Concordo con cambialo e fago agora o cambio. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2020 ás 23:43 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2020 ás 23:47 (UTC)[responder]

Moitas grazas, Elisardojm. Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 3 de xullo de 2020 ás 10:43 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Carballo (árbore). Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 18:17 (UTC)[responder]