Conversa:Cañás, Carral

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Traída de augas[editar a fonte]

Non sei moi ben como vai isto, pero penso que debería de haber unha referencia á traída de augas, de certa importancia arquitectónica, además de ser a máis antiga de España en funcionamento:

http://www.panoramio.com/photo_explorer#view=photo&position=20&with_photo_id=48469152&order=date_desc&user=4317706

Festas de Cañás[editar a fonte]

En canto ás festas, en Cañás celébrase o Carme. Nos últimos anos vense facendo na primeira fin de semana de agosto (sábado, domingo e luns, sendo este último o día grande), pero isto non sempre foi así. De todas formas, non sei de onde se sacou a información contida no artigo.

Tamén reparei en que hai algúns erros ortográficos. Tales coma, "e (verbo, sen til) o máis destacable", ou "primeiro fin de semana", en masculino.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.40.117.182 (conversacontribucións) 21:18, 21 de maio de 2012‎

Ti mesmo podes editar o artigo para melloralo e amplialo, achegando referencias da información que engadas, só tes que premer na pestana editar. Xa está amañada a ortografía e penso que agora xa non hai problemas. Se precisas algunha axuda para engadir contido podes deixarme unha mensaxe na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:13, 22 de maio de 2012 (UTC)

Certamente en Cañás celébrase a Santa Baia, pero non en agosto*, senón en decembro. No verán, como se dicía nun comentario anterior, celébranse as festas do Carme. Penso que a información está sacada da páxina do Concello de Carral, pero podo asegurarvos que é incorrecta, xa que son veciño desta vila. Por outra parte non creo que sexa sinxelo atopar referencias na rede, quizáis algún cartel das festas do Carme.

  • nos últimos anos as festas celébranse a primeira fin de semana de agosto (incluindo luns), pero pode coincidir que estas comecen no mes de xullo. Quizáis o máis preciso sería dicir que se celebran o primeiro luns de agosto.

Atopei isto (cartel das festas de verán do 2011), pero non se fai referencia a que o que se celebra é o Carme: http://www.google.es/imgres?um=1&hl=es&client=firefox-a&sa=N&rls=org.mozilla:es-ES:official&channel=s&biw=1366&bih=544&tbm=isch&tbnid=_mRBMiyF-XhrqM:&imgrefurl=http://fenecom.blogspot.com/2011/07/fiestas-de-santa-eulalia-en-canas.html&docid=4vA3CP-Y7QnGaM&imgurl=http://3.bp.blogspot.com/-M2w8e0qYMgo/TjMYEzauyUI/AAAAAAAAlYw/_rZAdB3mElo/s1600/20110730_Fiestas%25252Bde%25252BSanta%25252BEulalia%25252Ben%25252BCa%252525C3%252525B1as.jpg&w=1023&h=1417&ei=U2XWT_6POYea1AXb4JWVBA&zoom=1.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.43.193.205 (conversacontribucións) 21:44, 11 de xuño de 2012‎

Boas, eu busquei cando é a festa de Santa Baia e só atopei Santa Eulalia de Barcelona, que ten a festa o día 12 de febreiro, e Santa Eulalia de Mérida, que ten a festa o día 10 de decembro. Ó mesmo tempo a festa do Carme é o 16 de xullo, pero como as festas do Carme varían o día de celebración dependendo dos sitios imaxino que é como ti dis, vouno cambiar pero haberá que atopar unha referencia clara, como o cartel non pon nada e o comentario do blog que indicas pon que é a festa de Santa Baia esa ligazón non serve de referencia, como tampouco a web do concello.
Sobre o que comentas da traída de augas volvo a animarte a que engadas ti a información ó artigo (edítase exactamente igual que as conversas e se tes calquera dúbida podes preguntar todo o que queiras), se é posible con algunha referencia, para nota xa sería que fixeras algunha foto ;). Moitas grazas pola túa colaboración, que espero que non sexa a última, e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 12:30, 12 de xuño de 2012 (UTC)

Serve isto como referencia? http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/o-carmen-en-ca%C3%B1as-carral-7840.html—o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.13.115.66 (conversacontribucións) 16:47, 30 de xullo de 2012‎

Ben, a falta de pan..., mentres non se atope algo mellor... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:46, 31 de xullo de 2012 (UTC)

Senón este é o cartel? http://sphotos-a.xx.fbcdn.net/hphotos-ash4/c0.0.403.403/p403x403/602462_10151967024895346_1018453794_n.jpg

por certo, este ano adiantáronse as festas, que últimamente sempre estaban a coincidir en agosto—o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.13.115.66 (conversacontribucións) 17:07, 31 de xullo de 2012‎‎

Esa ligazón tamén axudará, o artigo xa foi modificado. Moitas grazas pola súa colaboración. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:59, 31 de xullo de 2012 (UTC)

Cartel das últimas festas: http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/o-carmen-de-ca%C3%B1as-carral-10093.html—o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.34.245.228 (conversacontribucións) 19 de xaneiro de 2015 ás 19:18‎

Engadida a referencia ó artigo, grazas e un saúdo, Elisardojm (conversa) 20 de xaneiro de 2015 ás 10:18 (UTC)[responder]

En lugares de Cañás falta Lavandeira. Polo tanto son 16 entidades de poboación. (A) Atalaia é sen artigo. E Vista Real escríbese todo xunto. Fonte: Lorenzo Pérez, C. (2008), Carral, un concello no bo camiño. Culleredo (A Coruña), Espiral Maior. I.S.B.N.: 978-84-96475-87-8.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Boicentril (conversacontribucións) 3 de outubro de 2017 ás 21:41‎

Aparecen no Nomenclator eses e así. Dubido co de só Atalaia, e non "A Atalaia": sóanme de dicírmolo así. Porén, o que se pode facer é unha sección de lugares (microtopónimos) de Santaia e ampliar cos lugares que faltan: ilos poñendo fóra da caixa. Cando teña un anaco... :) Mgl.branco (conversa) 3 de outubro de 2017 ás 22:25 (UTC)[responder]

Certo, no Nomenclator aparecen como están. Grazas.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Boicentril (conversacontribucións) 3 de outubro de 2017 ás 22:47‎

Pazo de Cañás[editar a fonte]

No artigo pazo de Cañás indícase que o pazo está en mal estado de conservación e que desapareceu a súa torre (aínda que sen referencias), cousa que non cadra co que se indica aquí. Habería que aclarar o tema, se existe ou non e o seu estado de conservación, achegando as referencias axeitadas. Para nota sería xa achegar unha foto :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2017 ás 08:22 (UTC)[responder]

Carlos Lorenzo Pérez, técnico de Cultura do Concello de Carral así o indica en: Carral, un concello no bo camiño (2008). Culleredo (A Coruña), Espiral Maior. I.S.B.N.: 978-84-96475-87-8. Na páxina 77: "por desgraza e debido á neglixencia das diferentes administracións públicas que deberan velar pola súa conservación, hoxe en día o pazo xa non existe máis que nos recordos das xentes de Cañás". --Boicentril (conversa) 4 de outubro de 2017 ás 09:35 (UTC)[responder]

Boicentril, engadiuse unha referencia ó artigo do pazo de Cañás que indica que tamén se chama Torre de Pardo Bazán, e tamén se engadiu no artigo do pazo as súas coordenadas, consultándoas no Street View vese unha casa vella e grande abandonada. Sabes se é esa? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2017 ás 00:25 (UTC)[responder]
Elisardojm, o pazo (ou o que quedaba del) foi derrubado hai anos, por ese motivo busquei unha referencia que así o recollese. Como dicía no meu anterior comentario, o técnico municipal Carlos Lorenzo, na obra: Carral, un concello no bo camiño (2008) (que penso que debería de incluirse como referencia, tanto no artigo da parroquia, como no da torre), fai mención na páxina 77 a como "a neglixencia das diferentes administracións públicas" ocasionou que "hoxe en día o pazo xa non exista máis que nos recordos das xentes de Cañás". Sen embargo, outro compañeiro, decidiu manter a información que recollían outras fontes anteriores. As coordenadas non se corresponden co lugar de Vista Real (onde estaba emprazado o pazo/torre e onde posteriormente se construíu outra vivenda), senón co do Penedo, tamén na parroquia de Cañás. --Boicentril (conversa) 5 de outubro de 2017 ás 09:40 (UTC)[responder]
Vale Boicentril, avisarei ó outro compañeiro para ver se pode revisar as referencias e comprobar ese dato, moitas grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2017 ás 10:01 (UTC)[responder]
Usuario:Elisardojm: Ás coordenadas limiteille a darlles formato wiki. Son as que tiña a ligazón a Google Maps que engadiu alguén antes ca min. O estado ruinoso e o que di a referencia oficial acreditada, que é de hai tan só tres anos (febreiro de 2014) [1]. Se a información está errada ou desactualizada, corríxase, claro. --. HombreDHojalata.conversa 5 de outubro de 2017 ás 10:14 (UTC)[responder]
Ah, non sabía de onde quitaras as coordenadas HombreDHojalata, pois entón ó mellor hai que quitalas porque son incorrectas. Haberá que buscar máis referencias porque as informacións son contraditorias... A ver se atopo algo máis cando teña un momento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2017 ás 16:14 (UTC)[responder]
HombreDHojalata e Boicentril, atopei aquí o PXOM de Carral de 2016, e no neste documento indica que non existe nin o pazo de Cañás nin a Torre de Pardo Bazán (dando a entender con iso que non eran a mesma cousa, dato que contradí o indicado no artigo do pazo de Cañás). Polo tanto modifico os artigos e engado esta referencia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2017 ás 16:54 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── OK. En calquera caso, sobre este tema, quizais poida engadir algunha cousa Miguel Branco. --. HombreDHojalata.conversa 5 de outubro de 2017 ás 21:00 (UTC)[responder]

Ó mellor si, sería de moita utilidade. Boicentril, HombreDHojalata amañou as coordenadas do pazo, poderías comprobar que ese é o lugar? No street view aparece unha casa en construción, é aí? Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2017 ás 23:12 (UTC)[responder]

Elisardojm, as coordenadas non son correctas, descoñezo o emprazamento exacto (a ver se mo poden confirmar), pero estaría aproximadamente nesta zona: 43°14'04.7"N 8°19'27.8"W. Por outra parte, aínda que é certo que están catalogados de forma independente (un en Cañás e outro en Carral), penso que o pazo de Cañás e a torre de Pardo Bazán son a mesma cousa. Grazas. Un saúdo! --Boicentril (conversa) 6 de outubro de 2017 ás 10:13 (UTC)[responder]

Vale Boicentril, a ver se podes confirmar esas coordenadas porque as que ten o artigo pazo de Cañás penso que non son exactas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2017 ás 10:43 (UTC)[responder]