Conversa:Bruxelas
- Conversa trasladada dende a Wikipedia:A Taberna (propostas)#Bruxelas. --. HombreDHojalata.conversa 4 de xuño de 2013 ás 08:37 (UTC)
Xosé Antonio acaba de mover Bruxelas a Cidade de Bruxelas, cousa que discordo, xa que este é o uso máis frecuente. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 30 de maio de 2013 ás 19:49 (UTC)
- Expliquei os motivos na Conversa categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter. Ademais do dito alí engadirei que o nome de Bruxelas refírese tanto á Cidade como á rexión. Examinando o nome da páxina noutras wikipedias, en máis de 20 especifícase a condición de cidade. É significativo que as tres linguas oficiais de Bélxica fan a distinción, así están as páxinas Ville de Bruxelles en francés, Brussel (stad) en neerlandés e Stadt Brüssel en alemán. Na nosa contorna, a wikipedia portuguesa chámalle exactamente igual: Cidade de Bruxelas. Na wikipedia de referencia, a inglesa, é tamén City of Brussels (o nome de Bruxelas ten toleado as algúns bots que engadían e quitaban periodicamente o artigo da lista dos 1.000 artigos que toda wikipedia debería ter). Por último fixen unha redirección de Bruxelas a Cidade de Bruxelas (nun primeiro momento mudei a páxina a unha de homónimos, pero dada a gran cantidade de páxinas que ligaban con ela, optei por crear Bruxelas (homónimos). Penso que con estes cambios se gaña en claridade sen discriminar ao antigo nome da páxina, saúdos. --Xosé Antonio (fálame sempre) 30 de maio de 2013 ás 21:14 (UTC)
- Discordo co cambio que fixo Vivaelcelta, que non discutiu na conversa, nin agardou un certo consenso na taberna. Creo que a cidade debería quedar como Cidade de Bruxelas, e Bruxelas, ou como homónimo, ou como un terceiro artigo. Mirade Wikidata:Interwiki conflicts#Brussels e Talk:List of articles every Wikipedia should have#Brussels. --JaviP96 4 de xuño de 2013 ás 05:55 (UTC)
Leo os puntos que se deron para argumentar a necesidade da mudanza Bruxelas → Cidade de Bruselas e opino que:
- Certo que na Wikipedia en varias linguas, algunha delas significativas, chámanlle Cidade de Bruxelas, mais hai que lembrar que iso non é vinculante para nós. Hai que dicir, tamén, que asemellan ser maioría as que escollen simplemente Bruxelas.
- Que a un bot, ou a vinte bot, lle resulte doado ou complicado facer calquera cousa, non marcou nunca, nin marcará nunca, a política de nomeamento dos artigos.--. HombreDHojalata.conversa 4 de xuño de 2013 ás 08:54 (UTC)
- Concordo con HombreDHojalata. Tampouco vale como argumento que o nome da cidade se refire o da rexión e a da cidade. Porque por ese mesmo motivo pasaría todas as capitais de provincia españoles, excepto as vascas. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 4 de xuño de 2013 ás 13:51 (UTC)
- Creo que o mellor é agardar a ver en que queda o de Wikidata. --JaviP96 4 de xuño de 2013 ás 14:20 (UTC)
- Eu opino que é mellor deixar Cidade de Bruxelas vendo todos os problemas que hai co topónimo en Wikidata e que poden levar a que un usuario quera ver información sobre a cidade noutra wiki e o mande a outro lado, ou que mirando na wikipedia en castelán (por poñer un exemplo) non lle apareza o artigo en galego, cousa que non fai ningún ben á Galipedia. Piquito (conversa) 4 de xuño de 2013 ás 15:03 (UTC)
- Como responsábel do cambio de nome da páxina e, xa que logo, iniciador deste debate véxome na obriga de puntualizar e ampliar algúns dos meus argumentos:
- Evidentemente o que fagan ou deixen de facer as demais wikipedias non é vinculante para nós, faltaría máis, como supoño que tampouco será vinculante que a maioría das wikis usen o topónimo Bruxelas para o nome da páxina. Só dixen que é significativo que as linguas oficiais que se falan no lugar lle chaman Cidade de Bruxelas ou similares. Creo que o parecer dos propios do lugar é un dato moi a ter en conta, aínda que non sexa a corrente maioritaria.
- Tampouco dixen que os bots condicionen a política da Galipedia, quen dixo tal? É certo que o cambio do nome ocorréuseme ao observar eses problemas, pero non é o argumento principal que usei para defender o cambio. Dixen que unha consecuencia positiva do cambio era evitar ese problema.
- Discordo completamente co argumento de que o uso máis frecuente de Bruxelas sexa o de referirse á Ville de Bruxelles, un concello de menos de 200.000 habitantes, é dicir, máis pequeno que Vigo ou A Coruña. Na miña modesta opinión, a maioría da xente deste país non asocia Bruxelas cunha pequena cidade, senón cunha das urbes máis poboadas de Europa, como tamén o entenden aquí: Largest cities of the European Union by population within city limits. Cando se fala dos órganos de goberno da Unión Europea, chamánselle con moita frecuencia Bruxelas. É habitual ler nos xornais "Bruxelas obriga a España a reformar o sistema de pensións" e frases polo estilo; esta acepción de Bruxelas tampouco coincide coa Ville de Bruxelles que se ben alberga á maioría dos organismos da UE, non todos están nela. A tal efecto, e sobre a idea da Bruxelas europea, pódese consultar: Brussels and the European Union. Un último apuntamento que se me ocorre coa idea que suxire Bruxelas ten que ver co fútbol: o RSC Anderlecht, gañador de varios títulos europeos, e un club da municipalidade homónima, mais todo o mundo di que é un equipo de Bruxelas (de feito acabo de corrixir unha ligazón na páxina deste equipo, no sentido que apunto). O mesmo pode dicirse do FC Brussels que, a pesar de ser da municipalidade de Molenbeck, eles mesmos ao escolleren o nome identifícanse con Bruxelas.
- Finalmente, a comparación das provincias españolas coa rexión de Bruxelas carece de fundamento toda vez que a rexión de Bruxelas é completamente urbana, cousa que non ocorre con ningunha provincia española. Creo que todo o mundo neste país asocia o topónimo Ávila coa cidade de Ávila, non hai confusión posíbel. Por certo que amais das vascas, provincias con nome distinto ao da capital tamén son Asturias, Cantabria, A Rioxa, Illas Baleares e (sen querer provocar outro debate) Nafarroa. Volvendo a Bruxelas, probabelmente o nome "rexión" non sexa o máis axeitado pois non dá esa idea de área urbana uniforme, mais é o que elixiron os propios do lugar.
Espero ter deixados claros e razoados os meus argumentos. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de xuño de 2013 ás 23:23 (UTC)
É curioso que algúns que defenden a postura de que o que fagan noutras Wikipedias non é vinculante para nós nesta discusión, esgriman exactamente o mesmo argumento para defender a mudanza da norma para os topónimos na Galipedia. Un saúdo, Piquito (conversa) 6 de xuño de 2013 ás 23:31 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Bruxelas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Correxiuse o formato ou uso da ligazón http://etopia.sintlucas.be/historical_maps_bxl/Map7%20(Military%20Geogr.Institute)%201969.JPG
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20130812232812/http://concise.britannica.com/dday/print?articleId=106096&fullArticle=true&tocId=9680 á ligazón http://concise.britannica.com/dday/print?articleId=106096&fullArticle=true&tocId=9680
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 14:51 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Bruxelas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20100604131725/http://www.brunette.brucity.be/lepage/eaufinal/LEPAGE2000/Phan/castrum.htm á ligazón http://www.brunette.brucity.be/lepage/eaufinal/LEPAGE2000/Phan/castrum.htm
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20090105082527/http://www.brunette.brucity.be/lepage/eaufinal/LEPAGE2000/Benabdelmoumen/lasennefleche.html á ligazón http://www.brunette.brucity.be/lepage/eaufinal/LEPAGE2000/Benabdelmoumen/lasennefleche.html
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20120113110739/http://www.srab.be/palaisroyal.htm á ligazón http://www.srab.be/palaisroyal.htm
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20070928130629/http://www.village-atlas.com/benelux/brussels1840.html á ligazón http://www.village-atlas.com/benelux/brussels1840.html
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20030128014919/http://etopia.sintlucas.be/historical_maps_bxl/Map7%20(Military%20Geogr.Institute)%201969.JPG á ligazón http://etopia.sintlucas.be/historical_maps_bxl/Map7%20(Military%20Geogr.Institute)%201969.JPG
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 12:18 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Bruxelas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20100604131725/http://www.brunette.brucity.be/lepage/eaufinal/LEPAGE2000/Phan/castrum.htm á ligazón http://www.brunette.brucity.be/lepage/eaufinal/LEPAGE2000/Phan/castrum.htm
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20090105082527/http://www.brunette.brucity.be/lepage/eaufinal/LEPAGE2000/Benabdelmoumen/lasennefleche.html á ligazón http://www.brunette.brucity.be/lepage/eaufinal/LEPAGE2000/Benabdelmoumen/lasennefleche.html
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20120113110739/http://www.srab.be/palaisroyal.htm á ligazón http://www.srab.be/palaisroyal.htm
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20070928130629/http://www.village-atlas.com/benelux/brussels1840.html á ligazón http://www.village-atlas.com/benelux/brussels1840.html
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20030128014919/http://etopia.sintlucas.be/historical_maps_bxl/Map7%20(Military%20Geogr.Institute)%201969.JPG á ligazón http://etopia.sintlucas.be/historical_maps_bxl/Map7%20(Military%20Geogr.Institute)%201969.JPG
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20130812232812/http://concise.britannica.com/dday/print?articleId=106096&fullArticle=true&tocId=9680 á ligazón http://concise.britannica.com/dday/print?articleId=106096&fullArticle=true&tocId=9680
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 17 de outubro de 2019 ás 20:30 (UTC)