Conversa:Bloque Nacionalista Galego

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Unidade Galega nom entrou em o BNG até o ano 1994, após do fracaso das autonómicas do 93, cando fóra em coaliçom com Esquerda Unida.

  • Na Táboa de deputados quizais habería que indicar que en 1981 foron elixidos na coalición BNPG-PSG (2 deputados do BNPG e 1 do PSG) (aínda que en todo caso iso foi antes da propia constitución do BNG).--Rocastelo 18:04, 6 maio 2005 (UTC)
  • Vaia, non o sabía. Saquei os datos da paxina oficial do Pralamento e alí só pon BNG. Sen embargo, noutra páxina, creo lembrar que era a do periódico "El Mundo", puña que era o BNG (non nombra en ningún momento ó BNPG) en coalición co PSG. --Alyssalover(fálame) 18:40, 8 maio 2005 (UTC)

XII Asemblea[editar a fonte]

Vendo as listas non se correspondian co texto. Na do movimento pola base uns 18 de 50 son membros de Galiza nova, e moitos menos da CIG. Na lista oficial a terceira parte son da UPG Emilio juanatey 12:20, 4 decembro 2006 (UTC)

Deputados autonómicos[editar a fonte]

Lamentablemente, o número de deputados no Parlamento galego tras as eleccións do 2005 é de 13 e non de 19 como se indica. Tampouco é certo que teña dous senadores (só un, por desiganción autonómica)e o tema dos europarlamentarios... Que eu saiba, logo do lle fixeron os do PP a camilo Nogueira no reconto de votos ficamos a velas vir.

Xustificación das correccións[editar a fonte]

Dende unha IP sen rexistrar realizáronse unhas modificacións neste artigo que foron lixeiramente emendadas por min. Como esas emendas produciron unha mensaxe na miña páxina de discusión que non está asinada, deixo a explicación aquí.
a) o de sinalar como 'continua' a caída nas cidades é bastante impreciso. O BNG caeu nalgunhas cidades e noutras subiu, tanto nestas eleccións municipais como nas inmediatamente anteriores. En todo caso, ao non sinalar unha data temporal parece que a caída do voto nas cidades é algo eterno, que o BNG vén padecendo dende tempos inmemoriais.
b) indicar que a mensaxe do Partido Popular é desgaleguizada en mimetismo coa dirección madrileña é un tanto aventurada. Pero en todo caso, o que non procede é sinalalo como unha das causas do descenso do Partido Popular nos concellos rurais, como se deduce de poñer os argumentos xuntos.
c) o de trocar perspectiva por cota efectivamente foi un erro meu de interpretación, e volvo situar perspectiva.
Todas estas emendas realizáronse á procura dunha maior obxectividade e imparcialidade.--Xabier Cid 12:54, 31 maio 2007 (UTC)

Esquerda?[editar a fonte]

Como de esquerda, se os seus parceiros são as direitas (a CiU e o PNV? --Ibérico 21:10, 4 xullo 2007 (UTC)


O BNG non se define como "de esquerda", só os partidos (e persoas) que o integran o fan en moitas ocasións; pero como organización o BNG é tan só nacionalista. O feito de que outras organizacións coas que o Bloque ten relación se definan a si mesmas dun ou doutro xeito non implica que lle "peguen" a súa ideoloxía. Ou se non somos iguais iguais non podemos levarnos ben... --83.165.172.11 11:06, 26 febreiro 2008 (UTC)

ARGUMENTO DA CAÍDA DE VOTOS NAS ÚLTIMAS MUNICIPAIS[editar a fonte]

Paréceme moi subxectivo falar dunha suposta perda de imaxe "intelectual e rebelde".

Non ascritos e Roberto Mera[editar a fonte]

Fixen unha corrección, posteriormente retirada, sobre o tema polo seguinte motivo: sendo certo que Roberto Mera, cara visíbel de Movemento de Non Ascritos, que non independentes (dado que o independente se guia exclusivamente polo seu criterio), apoiou a lista oficial, non é certo que todos os que formaban parte de dita corrente o fixeran. Moitos se escindiron despois de que Roberto Mera fora incluído na executiva nacional do BNG sen o acorda da Asemblea do MNA. Anque actualmente, o MNA exista sobre o papel, xa non ten unha incidencia práctica dentro do BNG, dada a súa febleza e asimilación por parte da corrente "quintanista". Quen si ten incidencia é o Encontro Irmandiño que xurdiu, en moi boa medida, destes militantes máis Beiristas do MNA. Gustaríame se reconsiderara a inclusión dos datos suprimidos, xa que me parece que corrixen unha eiva do texto que aclara un momento bastante convulso da historia do BNG. Graciñas.

Shotokan 17.35h 26 de Maio de 2008

Prezado Shotokan. As informacións que se inclúen nun artigo da wikipedia teñen que estar referenciadas, particularmente se poden dar lugar a polémicas. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 18:33, 26 maio 2008 (UTC)

TEs razón, perdoa. Agradeceríache consultaras estes enlaces, dado que a miña inexperiencia nestas lides é moi notoria e non sei se as fontes que listo a continuación terán a validez necesaria. Outro saudiño XD.

Shotokan 22.50h 26 de Maio de 2008

Ola, Shotokan. Esas ligazóns, como ben sinalas, apuntan a unha web de ruxerruxes, e non a unha fonte fidedigna. Non digo que estea prohibido incluír rumores na wikipedia, porque quizais en circunstancias moi excepcionais e indicando sempre que estamos perante rumores (e referenciándoos), poderían terse en conta. Un caso podería ser cando eses rumores foran causa de eventos que sucedesen e puidesen ser demostrados na realidade (p.ex., se o rumor da crise dunha empresa provoca unha crise real bolsista). Pero na práctica totalidade dos casos, os ruxerruxes teñen pouca cabida na wikipedia. Por outra parte, non chego a ver a finalidade desas ligazóns: a wikipedia tampouco é un blog político, nin un xornal que teña que ter unha perspectiva de actualidade. Consulta todas as dúbidas que teñas, sen medo, que non se nace aprendido. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 21:12, 26 maio 2008 (UTC)


Anónimos[editar a fonte]

Por favor, pode alguén facer algo para que non haxa que estar revertindo cambios cada dúas por tres. Ísto xa esá chegando a un exytremo inpensábel nun proxecto serio. É un insulto á intelixencia e ao esforzo dos que aqui colaboramos. Shotokan 23:52, 6 xuño 2008 (UTC)

O vandalismo é un fenómeno latoso e frecuente. Pero non debemos darlle máis importancia cá que ten como inclusión de datos falsos. Se nos crispamos fronte ao vandalismo estamos recoñecendo que a súa acción manipuladora ten éxito. Pódese, iso si, bloquear a edición por parte de IPs anónimas, pero debe ser unha medida puntual: todos e todas poden editar sen necesidade de rexistrarse, e hai que partir da boa fe de que os editores, anónimos e rexistrados, poden e queren mellorar os artigos. --Xabier Cid Conversa 08:18, 9 xuño 2008 (UTC)

Información a engadir[editar a fonte]

Procedente do BNG, vía email: Testas de lista por provincias ás xerais

1986 A Coruña: Francisco Rodríguez Sánchez Lugo: Xoán Carlos Carreira Pérez Ourense: Alfredo Suárez Canal Pontevedra: Bautista Álvarez Domínguez

1989 A Coruña: Henrique Tello León Lugo: Pilar Garcia Negro Ourense: Francisco Garcia Suárez Pontevedra: Francisco Trigo Durán

1993 A Coruña: Encarna Otero Cepeda Lugo: Xosé Manuel Rodríguez Martínez Ourense: Francisco Garcia Suárez Pontevedra: Francisco Rodríguez Sánchez

Non sei moi ven onde metelo. --Norrin_strange (Fala-me) 18:47, 22 xuño 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Bloque Nacionalista Galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de agosto de 2018 ás 17:15 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 8 ligazóns externas en Bloque Nacionalista Galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 11:05 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Bloque Nacionalista Galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de outubro de 2018 ás 00:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Bloque Nacionalista Galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de novembro de 2018 ás 20:59 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 17 de outubro de 2019 ás 15:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 10 ligazóns externas en Bloque Nacionalista Galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 17 de outubro de 2019 ás 15:54 (UTC)[responder]