Conversa:Big Splash

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No artigo Big Splash está traducido como Gran Chouplo, quizais alguén teña referencia dalgunha tradución galega habitual en obras de referencia.--Rocastelo(fálame aquí) 16:10, 8 decembro 2005 (UTC)

  • A tradución dun termo científico require dunha referencia, os experimentos con gasosa, non coa lingua.--RNC 13:53, 29 xuño 2009 (UTC)

Revisión lingüística[editar a fonte]

Cómpre revisar a lingua do artigo, está cheo de lusismos e formas non aceptadas.--RNC 12:43, 10 outubro 2009 (UTC)

  • Espero ter mellorado algo o artigo, sobre todo na redacción, xa que as frases estaban conectadas un pouco a "canon"; Big Splash, sería algo así coma "gran labazada", non creo que sexa bo traducir este termo xa que é usado normalmente na súa forma inglesa pola comunidade científica (do mesmo xeito co "Big Bang").--Xabier Cancela (fálame 01:11, 25 decembro 2009 (UTC)
  • Discordo sobre que non sexa bo traducir Big Splash (que, en todo caso, habería que escribir en cursiva) porque, a pesar do que di Cancela, o Big Bang si se traduce adoito como grande explosión (ou equivalentes), polo menos nos idiomas romances: es, gran explosión; ca, gran explosió; pt, grande exploção; it, grande esplosione. Daquela, por que non grande impacto? --XoioÉche o que hai 19:05, 17 de marzo de 2012 (UTC)