Conversa:Beixo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teño moitas dúbidas sobre como traducir o termo besamanos do castelán, ou Hand-kissing do inglés, ou Baisemain do francés. O meu corrector ortográfico non me dá erro en beixamáns, pero o VOLGa non o recolle, nin tampouco o Corpus lexicográfico da lingua galega. Polo de agora vouno deixar así, pero non me convence nada como solución definitiva. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:17, 31 de decembro de 2010 (UTC)

Franco Grande e o Diccionario de usos castellano-gallego de 1985 dan a forma beixamán.--Cheluco 16:20, 31 de decembro de 2010 (UTC)
[1]Si. --Atobar (conversa comigo) 16:24, 31 de decembro de 2010 (UTC)

Grazas, eficientes colegas. Corrixo de contado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:32, 31 de decembro de 2010 (UTC)

Xoacas, deixoche aquí unhas cantas fotos bastante suxerentes por se queres engadir algunha máis.--Hugo22 17:27, 31 de decembro de 2010 (UTC)

Beixo/bico[editar a fonte]

Quizais fose máis axeitado que o artigo se denominase bico, ficando beixo coma redirección, xa que, sendo as dúas formas perfectamente válidas, a primeira é de uso moito máis estendido do que a segunda. Que opinades? Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 14:01, 2 de abril de 2011 (UTC)

Ao ser as dúas válidas e beixo a opción do primeiro editor, debe ser esta a forma que quede, coa outra como redirección. A única maneira medianamente académica de saber que forma é a máis empregada (algo que en todo caso non dá a prioridade) sería o dicionario de frecuencias. En fin, que debe quedar como está, porque está ben, por moito que a maioría, eu incluído, digamos e escribamos bico. --Atobar (conversa comigo) 15:04, 2 de abril de 2011 (UTC)
Ok. --Paradanta (Cóntame) 16:49, 3 de abril de 2011 (UTC)
A falta de algo mellor, o TILGA pode sernos moi útil. A forma beixo (substantivo ou verbo) ten 147 ocorrencias; a forma bico gana por goleada: 1.779 ocorrencias. É certo que bico ten outras acepcións (boca, punta, pezón) que se contan nesas 1.779 ocorrencias pero así a ollo, na metade dos casos úsase co significado que nos interesa, o que segue sendo unha maioría abrumadora. Eu tamén apoio o cambio da páxina a bico. Pedro --Lameiro (conversa) 18 de maio de 2013 ás 21:16 (UTC)[responder]

Non entendo a primeira frase do párrafo: Beixo#Relixión e superstición.

Hai algún erro?--. HombreDHojalata.conversa 10:12, 14 de abril de 2011 (UTC)

  • Penso que hai que facer algo coas imaxes. Reducir o número ou redistribuílas doutro xeito. Coa miña resolución de pantalla a columna de fotos é o dobre de longa que o bloque do texto--. HombreDHojalata.conversa 16:10, 18 de abril de 2011 (UTC)

Feito! Corrixido Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:22, 19 de abril de 2011 (UTC)

Máis largo de imaxes que de texto[editar a fonte]

O das imaxes ... O artigo ten 22, coa miña resolución de pantalla queda o final do artigo unha columna no aire a lo menos de 7 imaxes. Non se poderían recolocar ou eliminar algunhas?--. HombreDHojalata.conversa 20:24, 9 de maio de 2011 (UTC)

a etimoloxía[editar a fonte]

Vexo que efectivamente a forma beixo deriva do latín basium, pero logo fálase de que esta vén probabelmente do grego βάζω, eu falo ou βάσκω, βασκαίνω que significarían eu murmuro. Isto último non é certo (polo menos en época clásica) xa que significan ir e mirar, botar un mal de ollo respectivamente. Por todo isto gustaríame saber cales foron as referencias para esta relación co grego, pois, por exemplo, no Dictionnaire étymologique de la langue latine de Ernout e Meillet non consta. --Servando2 (Dime) 19 de maio de 2013 ás 23:07 (UTC)[responder]

Se non lembro mal, está indicada na nota 1. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19 de maio de 2013 ás 23:16 (UTC)[responder]

Ben vexo, pero o meu problema non ten que ver coa etimoloxía desde o latín para o galego, que é correcta, senón a do latín desde o grego: simplemente nunca vira esa posibilidade e ignoro de onde sae, por iso pregunto.--Servando2 (Dime) 20 de maio de 2013 ás 14:22 (UTC)[responder]


Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Beixo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 09:24 (UTC)[responder]