Conversa:Batalla de Hastings

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Detalles[editar a fonte]

Teño algunhas dúbidas de lingua sobre o texto, pero non sei se estarei sendo moi puntilloso:

  • Na frase "a maioría de historiadores modernos concordan nun número de entre 7 000 e 8 000 tropas inglesas", parece que tropas se usa significando persoa individual, é dicir, soldado, pero en galego tropas penso que é un nome colectivo (conxunto de soldados). Talvez podía poñerse a frase así: "...concordan que as tropas inglesas constaban dun número de entre 7 000 e 8 000 soldados" ou algo polo estilo.
  • Outra fase do texto é: "Os rexistros inclúen poucos ingleses individuais como participantes en Hastings". Aí está traducindo individuals. Non parece lóxico que se refira ao número de efectivos senón máis ben a que non se coñece o nome de case ningún soldado ou comandante inglés. Consultei o orixinal en inglés e, efectivamente, refírese ao nome. Entón poderíase poñer, por exemplo: "Nos rexistros figuran poucos nomes dos ingleses que participaron en Hastings".
  • Tampouco atopei no DRAG a palabra trasfondo nin transfondo, que é o título dun capítulo. Podería poñerse Contexto histórico ou algo así.

Teño que seguir lendo o artigo, que me pareceu ineresante.--Miguelferig (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 19:31 (UTC)[responder]

Feito! Feito! x3. Grazas pola revisión! Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 19:37 (UTC)[responder]

"Procedentes de Orkney" podería poñerse "procedente das Orcadas" ou das illas Orcadas.--Miguelferig (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 20:28 (UTC)[responder]

Feito! Feito! No seu momento ese artigo non tiña referencias para o nome, polo que non me atrevín a indicalo así. Grazas de novo. Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 20:31 (UTC)[responder]

Outro asunto é o de machetes e machadas. No artigo inglés fálase de Dane battleaxe, que debe traducirse por machada danesa. Machete é outra cousa, xa que é unha especie de coitelo grande e ancho (parécese a un sabre ancho), como os que se usan para cortar cana de azucre ou vexetación. Por tanto, creo que todos os machetes deberían cambiarse a machadas. Un debuxo pode verse en en:Dane axe.--Miguelferig (conversa) 12 de novembro de 2016 ás 19:21 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Banjo tell me 14 de novembro de 2016 ás 07:49 (UTC)[responder]