Conversa:Australopithecino

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ortografía dos termos[editar a fonte]

Ao meu ver hai varios problemas na ortografía destes termos. Por un lado, hai que distinguir o nome científico, que ten as ortografías propias do latín ou que se remontan ao grego, con th e todo o demais, e que cando se trata de xéneros e familias teñen que estar en maiúscula. Por outro lado, hai que distinguir o nome común, que non ten as ortografías grecolatinas, senón que está adaptado á ortografía moderna do galego (non tería th) e, tratados como nomes, estarían normalmente en minúscula. Por iso diríase "os parántropos conviviron cos primeiros homes", pero "Paranthropus conviviu cos primeiros representantes de Homo". E diríase ardipiteco ou Ardipithecus (maiúscula e cursiva), pero non adipitheco nin ardipithecus. Non sei se tes referencias para todos ese nomes así como están, pero non creo. Isto afecta tamén ao título da páxina. Non vexo tampouco que esta páxina teña que ser de sinónimos. Se se quere facer unha páxina sobre australopitecinos ou Australopithecina (se se vai tratar como subtribo dos Hominini, por exemplo e que é sinonimo de Hominina), pois pode facerse con toda a información propia desa subtribo. Tamén existía a subfamilia antiga Australopithecinae. Os ingleses tamén usan os nomes comúns australopiths e homininians e as distintas clasificacións e terminoloxías de distintos autores fan complicado navegar entre todos os termos propostos. Eu traduciría australopith por australopit e homininian por homininiano (todos os catro nomes comúns non en latín) ou mellor deixarío en inglés, pero persoalmente non me atrevería a meterme nese bulleiro. Miguelferig (conversa) 21 de febreiro de 2023 ás 01:29 (UTC)[responder]

O termo "Australopithecino" non aparece no bUSCatermos, e tampouco vin outras referencias en galego, salvo na infocaixa da Galipedia da Evolución humana, pero si en castelán e portugués (p. ex. aquí) e por iso o escribín así. En inglés é Australopithecine, en portugués Australopithecina redirixe a Australopitecíneo (proposto para ser fundido con Hominina) e en castelán é Australopithecina. Na páxina Ardipithecus a especie Ardipithecus ramidus redirixe ao xénero. Cos humanos había outra lea, aínda non moi ben resolta, coas redireccións entre Homo sapiens sapiens, Homo sapiens, Humanos anatomicamente modernos e Ser humano. Grazas polo comentario, a ver se hai alguén que lle dea unha volta. Saúdos @Miguelferig. Gasparoff (conversa) 22 de febreiro de 2023 ás 02:07 (UTC)[responder]
Pois iso era o que estaba dicindo eu: en portugués e castelán usan Australopithecina cando o tratan como nome cienífico e usan as formas sen th cando o tratan como nome común.--Miguelferig (conversa) 22 de febreiro de 2023 ás 16:35 (UTC)[responder]